Gráfico coronavirus Galicia: 44 contagios e 8 hospitalizados, mellor cifra desde o inicio do estado de alarma


Segunda xornada seguida de datos estatísticos excelentes. Todos os indicadores sitúanse en valores similares aos do 14 de marzo, cando empezou a alarma, salvo o de falecidos dirarios, que tamén está a frear.


|

Segunda xornada seguida de datos estatísticos excelentes. Todos os indicadores sitúanse en valores similares aos do 14 de marzo, cando empezou a alarma, salvo o de falecidos dirarios, que tamén está a frear.



CONTAGIOS

Con só 44 contagios novos, Galicia rexistra o seu menor cifra de positivos desde o 15 de marzo, o día que empezou o estado de alarma. Todo un indicador de que a pandemia parece están a baixar outro banzo. Por terceiro día consecutivo, o número de casos confirmados é menor de 100.


Estes 44 positivos foron identificados mediante probas PCR. Galicia segue sen informar regularmente ao Ministero -como si fan case todas as outras autonomías- dos positivos mediante test de anticorpos.


As probas de anticorpos son as que a Xunta reservou para o estudo masivo, a investigación de seroprevalencia. O SERGAS empezou a facer ducias de miles de probas hai unha semana e media. Por agora, o Goberno Gallego non publicou oficialmente ningunha cifra. Con todo, filtrouse que os positivos de anticorpos son moi poucos. Isto confirmaría que o COVID-19 circulou menos no país que noutras áreas.





HOSPITALIZADOS

No que levamos de estado de alarma nunca ingresaran tan poucos enfermos en hospital como onte. Unicamente 8 novos pacientes encamados en un hospital, segundo as cifras oficiais que o Ministerio publica en base ao que lle envía o SERGAS. O total de hospitalizados é de 2.782.


Galicia completa así unha semana na que non ingresaron máis dunha ducia de contaxiados por día. Ademais, con tendencia á baixa. 


Lejísimos parece que quedan as xornadas nas que ingresaban case duascentas persoas aínda que, en realidade, isto sucedía hai un mes. Na última semana, só ingresaron 36 enfermos.



UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


As UCIs seguen aliviándose, xa sexa porque os enfermos melloran ou por decesos. Iso si, tras o chanzo baixado a semana pasada debido ao polémico cambio de criterio estatístico, o descenso segue sendo moi paulatino. Afortunadamente, tamén constante. 


Hoxe só figuran 34 persoas en coidados intensivos, cando chegou a haber 178 hai un mes. É a mellor cifra desde o 20 de marzo.


En total desde o inicio da crise, pasaron por unha cama UCI 35 persoas.


Os enfermos de coronavirus ocupan actualmente o 12% das 274 prazas de coidados intensivos que di ter o SERGAS.


Hai que lembrar que o cociente imposto polo Ministerio para pasar á seguinte fase de desconfinamiento implica que Galicia debería ter 405 camas UCI, un número que por agora non hai.





FALECIDOS


569 persoas faleceron en Galicia ata onte por COVID-19, din as cifras oficiais publicadas polo Ministerio de Sanidade.


Onte houbo seis óbitos, dous en residencias e catro en hospitais. As mortes en Santa Teresa (A Coruña) e Divino Mestre (Ourense) elevan a cifra de falecementos en residencias a 129. Se sumamas as 127 persoas falecidas en hospitais pero que vivían ou traballaban en residencias, resulta que o 47% das mortes por coronavirus en Galicia débese a contagios en residencias de persoas maiores.  Unha cifra que nos debe facer reflexionar sobre o modelo destes centros e investigar as medidas adoptados, ou non, nalgúns en particular.


Con todo, Galicia é a quinta autonomía con máis poboación e a novena en número de falecidos.





DATOS DO CORONAVIRUS EN ESPAÑA


Se bos son os datos de hoxe en Galicia, aínda mellores son os de España. 


Na evolución das mortes rexistradas a diario vese que non había tan poucos decesos desde o 19 de maio, cinco días despois do inicio do estado de alarma. As 164 mortes de onte, iso si, engordan unha traxedia humana que xa se cobrado 25.543 vidas en España.




Tamén o volume de contagios de onte é excepcionalmente bo, desde o punto vista estatístico. Son só 356 positivos nun estado que chegou a contar case 10.000 ao día hai un mes.


DATOS INTERNACIONAIS

Esta primeira onda da pandemia pode prolongarse moito máis nos Estados Unidos. Mentres os países europeos hai semanas xa que lograron decelerar o ritmo de novos contagios, en Estados Unidos a freada é moitísimo menor,  xa hai 1.158.000 casos confirmados, máis de 110.000 novos positivos en só unha semana. 



Made with Flourish






GPBdc novos positivos de coronavirus en galicia pcr e anticorpos (4)








Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE