O Goberno propoñerá unha cuarta prórroga do estado de alarma, pero non ten asegurado o apoio do Congreso
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que pedirá a o mércores ao Congreso a aprobación dunha nova prórroga do estado de alarma, a cuarta, doutros 15 días.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que pedirá a o mércores ao Congreso a aprobación dunha nova prórroga do estado de alarma, a cuarta, doutros 15 días.
"Sabemos agora que o estado de alarma funcionou e sabemos que segue sendo necesario", afirmou Sánchez, nunha comparecencia en Moncloa.
A actual prórroga, a terceira, entrou en vigor o domingo 26 de abril, e prolongarase ata a medianoite do 9 ao 10 de maio.
O Goberno, para aprobar a prórroga, necesita a maioría simple do Congreso. Na última votación, o 23 de abril, a prórroga saíu adiante con 269 votos a favor, 60 en contra e 16 abstencións.
"Imos gañando a batalla contra o epidemia pero cun custo moi alto en vidas. O virus non se marchou", subliñou Sánchez.
Escribe o teu comentario