A rede veciñal 'Grupos de Apoio Mutuo' xa atendeu a máis de 5.000 persoas durante o estado de alarma

Máis de 5.000 persoas foron atendidas na Coruña desde o inicio do estado de alarma a través dos Grupos de Apoio Mutuo (GAM), unha rede veciñal creada para atender ás familias vulnerables, dar apoio aos comercios locais ou fabricar e repartir máscaras, entre outras accións.

|

Máis de 5.000 persoas foron atendidas na Coruña desde o inicio do estado de alarma a través dos Grupos de Apoio Mutuo (GAM), unha rede veciñal creada para atender ás familias vulnerables, dar apoio aos comercios locais ou fabricar e repartir máscaras, entre outras accións.


Máscaras de tea confeccionadas de forma solidaria por unha veciña de Redondela.

A fabricación de máscaras é unha dos labores da plataforma | Foto de arquivo


Así o explican nun comunicado, no que subliñan que a pandemia "está a aumentar a situación de precariedade de moitas familias da Coruña" e que, para enfrontar esta crise, creouse esta rede. "Formada por veciños e veciñas que desde o comezo da súa actividade colaboraron de maneira voluntaria para atender problemáticas xurdidas desta situación de emerxencia".

Ata a data, segundo explican "case un centenar de familias están a ser atendidas nas súas necesidades alimentarias e de emerxencia (alimentos frecos, cueiros para bebés, butano...", citan como exemplos.

Ademais, os diferentes grupos de traballo nos que se organizan os GAM, por barrios e por liñas de acción, colaboran tamén "con máis de 55 comercios locais da Coruña para potenciar unha rede alternativa ás grandes superficies, apoiando aos pequenos comerciantes e evitando aglomeracións nos supermercados".

Outras das súas actividades céntranse en buscar solucións ao problema de vivendas para inquilinos con dificultades para pagar o aluguer.

Tamén repartiron máis de 3.000 máscaras gratuítas elaboradas polo grupo 'Cose na Casa' e entregadas a distintas entidades, residencias de maiores, comercios locais, farmacias ou familias en situación de risco. A iso, sumáronse iniciativas de "acompañamento emocional" a máis de cen persoas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE