Récord de novos contaxios de coronavirus en Galicia nas últimas dúas semanas e soben os ingresados en UCIs
Xa non hai dúbida. Sexa polos centos de sanitarios contaxiados, sexa polo impacto da volta ao traballo de frábricas e obras, Galicia está a sufrir un considerable repunte de novos contagios, mostran os datos oficiais do Ministerio de Sanidade.
Xa non hai dúbida. Sexa por os centos de sanitarios contaxiados por usar máscaras defectuosas, sexa polo impacto da volta ao traballo de fábricas e obras, Galicia está a sufrir un considerable repunte de novos contagios, mostran os datos oficiais do Ministerio de Sanidade.
Os 184 positivos confirmados hoxe supoñen a maior cifra desde o 9 de abril. Este aumento non é algo puntual. Se hai unha semana os contagios movíanse no rango dos 71-165, esta semana fano entre 114 e 184.
O aumento galego non se debe ao novos test de anticorpos. Galicia é a única comunidade ou cidade autónoma que non está a enviar datos diarios ao Ministerio sobre os positivos detectados así.
O SERGAS os reserva para os macroestudios do alcance da epidemia, como o que empezou o xoves con chamadas aleatorias, non para diagnósticos de persoas sintomáticas ou os seus contactos, como se fai no resto do Estado.
Evolución do coronavirus en Galicia segun a gráfica do Ministerio
Ata que punto é alarmante este repunte en Galicia? Aínda que desde o Servizo Galego de Saúde admiten estas cifras, esperan que este repunte non supoña unha ameaza para a situación das UCIs galegas, según declarou a Galiciapress o director Jorge Aboal.
En teoría, é demasiado pronto para saber se este repunte impactará no funcionamento das UCIs galegas. Normalmente, os enfermos tardan varias semanas entre dar os primeiros síntomas a empeorar.
Con todo, hoxe prodúcese o primeiro aumento de ocupación nas UCIs do SERGAS desde o 2 de abril. É pronto para falar dun cambio de tendencia, pero é outro dato preocupante que nos deixa o día aos galegos.
A variación relativa rolda o 2%, superior ao rando da semana pasada.
A boa noticia é que onte só faleceron seis persoas en residencias ou hospitais. Os datos dos falecidos en residencias seguen sen computarse nas cifras do Ministerio, ben porque a Xunta non os remite, ben porque Moncloa ponos nun caixón aparte.
A nivel estatal, as noticias de hoxe non son tan negativas.
Os novos casos diarios de coronavirus en España seguen estabilizados sobre os 4.000.
Os falecementos levan xa estabilizados sobre os 400 unha semana.
En relación á súa poboación, as dúas Castillas, A Rioxa, Madrid, Navarra e Cataluña son as máis afectadas. Galicia está na parte media baixa da clasificación de máis casos positivos detectados.
A nivel internacional, Estados Unidos xa superou os 51.000 falecidos. Agora ben, en relación ao seu volume poboación, os americanos sufriron menos que os europeos. Queda por ver como evoluciona alí a pandemia, que está menos avanzada que no Vello Continente.
Escribe o teu comentario