Cando se reabrirán os bares e restaurantes? A resposta depende do comité clínico do SERGAS

Feijóo asume que terán que establecerse límites de aforo e outras medidas de seguridade para os establecementos

|

O comité clínico constuido polo Servizo Galego de Saúde para abordar a crise do coronavirus estuda "en que quincena ou en que mes" podería volver á actividade a hostalería.


Bar. Turismo. Terraza


Así o confirmou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, a preguntas dos medios durante a rolda de prensa telemática posterior á reunión do Consello de la Xunta.

Tras sinalar que a Administración autonómica está en contacto permamente co sector do turismo e a hostalería, Núñez Feijóo recoñeceu que a crise do Covid-19 ás portas do verán e da celebración do Xacobeo 2021 causa "un dano enorme".

A continuación, sinalou que nas conversacións co sector está a abordarse a posibilidade de que os locais teñan que adaptarse ás novas circunstancias, con limitación de aforos e outras cuestións.

Neste sentido, Núñez Feijóo apuntou que a Xunta e o comité clínico do Sergas estudan "que quincena ou que mes" podería decretarse a reapertura dos negocios do sector turístico e hostaleiro, polo momento pechados para combater a pandemia.

CLASES
Con todo, o presidente autonómico ha apuntado que, polo momento, as decisións sobre a volta á actividade continúan en mans do Goberno central, que tamén debe decidir sobre se os alumnos volverán ás aulas antes da finalización do curso.

Cuestionado sobre este asunto, Feijóo reiterou que é partidario de que os alumnos "poidan despedirse e ter un contacto cos seus compañeiros e profesores antes da vacacións".

"Pero unha cousa é o que consdieramos desde o punto de vista docente e se iso casa co sanitario", engadiu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE