Faltan EPIs nas ambulancias do 061? A Xunta négao e Varanda Viva alerta de que no Salnés se reusan máscaras
Hai técnicos de ambulancias traballando sen suficiente protección, por exemplo con máscaras reutilizadas, que ademais lles chegaron como donativo. Así figura nunha denuncia que a Rede Galega de Solidariedade, Voluntariado e Reivindicación (Varanda Viva) di que acaba de presentar ante a Valedora do Pobo e a Consellería de Sanidade. Denuncia que desde a Fundación do 061 negan de forma rotunda. "Todos os profesionais pertencentes a este recursos asistencial traballaron en todo momento cos EPI adecuados en función, xa que a subministración dos mesmos realizouse de maneira puntual e cumprindo as recomendacións das autoridades sanitarias autonómicas e nacionais", responden desde a Xunta.
Hai técnicos de ambulancias traballando sen suficiente protección, por exemplo con máscaras reutilizadas, que ademais lles chegaron como donativo. Así figura nunha denuncia que a Rede Galega de Solidariedade, Voluntariado e Reivindicación (Varanda Viva) di que acaba de presentar ante a Valedora do Pobo e a Consellería de Sanidade. Denuncia que desde a Fundación do 061 negan de forma rotunda. "Todos os profesionais pertencentes a este recursos asistenciais traballaron en todo momento cos EPI adecuados en función, xa que a subministración dos mesmos realizouse de maneira puntual e cumprindo as recomendacións das autoridades sanitarias autonómicas e nacionais", responden desde a Xunta.
É máis, o 061 asegura que garante o "cumprimento estrito" das normas de riscos laborais fronte a riscos biolóxicos para todos os operarios do servizo no Salnés, comarca de onde Varanda Viva di que recibiu unha queixa.
A QUEN SE LLE FAI ANTES AS PROBAS?
O colectivo explica que traballadores do 061 senten "traballadores de segunda", que son relegados fronte a outros colectivos tanto á hora de facer as probas do coronavirus como á hora de desinfectar os seus postos de traballo.
"Todos os traballadores técnicos en transporte sanitario teñen o mesmo o mesmo trato que os sectores profesionais fundamentais como médicos, enfermeiros, policías etc, desde o primeiro momento, en canto á prioridade á hora de realizar as probas correspondentes e individualmente valoradas", respóndenlle desde a Fundación do 061.
A Administración, asegura, ademais, que a ambulancia do Salnés por agora leva "17 servizos con pacientes con diagnóstico confirmado ou sospeita de padecer Covid-19", cunha medida dun traslado cada dous días, aproximadamente.
Escribe o teu comentario