Campaña para combater o coronavirus entre todos a ritmo de muiñeira

Sanitarios, farmacéuticos, empregados de supermercados ou caras famosas como as actrices Isa Risco, Patricia Vázquez e María Vázquez son algúns dos nomes que se sumaron á muiñeira presentada pola Banda de Música de Arca. 


|

Sanitarios, farmacéuticos, empregados de supermercados ou caras famosas como as actrices Isa Risco, Patricia Vázquez e María Vázquez son algúns dos nomes que se sumaron á muiñeira presentada pola Banda de Música de Arca.



A muiñeira é unha versión da tradicional ‘Mozos do Penedo’ e suma xa miles de reproducións na internet a pesar de contar con menos dun día desde a súa publicación. Ás dificultades intrínsecas do baile tradicional galego, súmase o feito de que os membros da agrupación, por mor da corentena, levan semanas sen poder ensaiar, polo que tiveron que preparar o baile cada un na súa casa.


Aínda con tantos hándicaps, os promotores lograron que outras bandas de Galicia sómense á proposta, así como algúns dos rostros máis coñecidos da cultura galega, traballadores de sectores que se enfrontan día a día á enfermidade –os homenaxeados pola Banda de Música de Arca- ou os máis pequenos da casa.


A idea era escoller un tema alegre que fixese pasar un bo intre a todo aquel que o escoite e así foi como se chegou ata Mozos do Penedo, todo un himno entre as bandas de música”, comentan desde a banda organizadora, que sinalan que o tema é “o bis por excelencia que nos pide o público”. “Aí descubrimos que podiamos facer isto sen facer partícipe á parte máis importante dos nosos concertos (o público) e a todos aqueles que saen das súas casas cada día para que nós podamos quedarnos”.


WhatsApp Image 2020 04 20 at 11.01.52


Unha muiñeira para entreter aos que están na casa e unha muiñeira para sacarlle un sorriso aos que están a traballar. E proba disto é o aplauso final que reúne a todos os membros da banda, nenos e amigos que participan desta iniciativa”, conclúen. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE