​A Fundación A Caixa axuda a 42 menores de Ferrol a través do proxecto Proinfancia

Ata 33 familias veranse beneficiadas deste plan, que dota a cada un dos 42 menores con 100 euros e que lles axudará a afrontar as consecuencias desta crise. 


|

Ata 33 familias veranse beneficiadas deste plan, que dota a cada un dos 42 menores con 100 euros e que lles axudará a afrontar as consecuencias desta crise.


A caixa



Nestes momentos de incerteza, moitas familias viven unha situación complicada pola crise económica e social que trouxo consigo a crise sanitaria do coronavirus. Neste escenario, a Fundación A Caixa, coa coordinación do Concello de Ferrol, que será o encargado de repartir os 4.200 euros das tarxetas do programa Proinfancia, axudarán a 42 menores de 33 familias ferrolás en situación de vulnerabilidade que participan no proxecto nesta difícil situación. 


A repartición das tarxetas, dotada de 100 euros dirixida cada unha para cada un dos menores do programa, busca “axudar e protexer aos menores da cidade das consecuencias do actual estado de alarma pola crise sanitaria da Covid-19”. As familias do programa poderán retirar as tarxetas no Edificio social de 9:30 a 11 horas e os pais poderán investilas en supermercados en produtos de necesidades básicas.


Proinfancia, que naceu en 2017 co obxectivo “de romper o círculo de pobreza hereditaria na cidade a tras da educación e colocando ás familias no centro da actuación, inclúe a axentes públicos e privados para “atender de forma coordinada ás unidades familiares”. Neste tempo, en Ferrol axudou a medio centenar de menores e inclúe diferentes intervencións, como atención psicoterapéutica ou reforzo escolar.


Eva Martínez, concelleira de Benestar Social da cidade departamental, enviou unha mensaxe ao respondable do programa, Josep Oliva, onde lle traslada que é un “enorme detalle” por parte da Fundación A Caixa. “É un importante alivio para as súas economías”, recoñece a con concelleira, que tamén puxo en valor as medidas que tamén aplicou o goberno local e das que se benefician medio milleiro de familias. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE