Gráficos do coronavirus en Galicia: repunte mínimo en positivos mentres as UCIs seguen gañando espazo

Xornada agridoce estatisticamente para a loita galega contra o coronavirus. A pandemia segue retrocedendo nas UCIs pero hai un pequeno repunte de casos positivos.


|

Xornada agridoce estatisticamente para a loita galega contra o coronavirus. A pandemia segue retrocedendo nas UCIs pero hai un pequeno repunte de casos positivos.


O número de pacientes ingresados na UCI en Galicia continúa baixando. O descenso é moi paulatino, a penas 5 enfermos críticos menos hoxe, pero sen interrupcións. 


As 128 camas UCIs ocupadas implican que as unidades de coidados intensivos do SERGAS teñen enfermos de coronavirus no 46% do espazo dispoñible. Nos peores momentos chegou a ser o 65%, aproximadamente. 


Por tanto, boas noticias para as UCIs. Salvo un considerable repunte da epidemia, Galicia pode respirar tranquila neste aspecto, porque non haberá colapso en coidados intensivos.





No referido a número de positivos, a suma total é de 7.708 casos rexistrados. Son 111 máis que onte. Unha cifra que supón un mínimo repunte respecto ao día anterior. 


En todo caso, non se pode falar de cambio de tendencia. É máis, desde mediados de abril Galicia non encadeaba dúas cantidades de novos positivos seguidos tan baixas. Estes 111 casos poden resultarnos agridoces hoxe, pero hai unha semana fosen unha gran noticia.


De feito, as gráficas do coronavirus en Ferrol, Pontevedra, Lugo e Vigo levan días practicamente planas. Ao contrario, en Ourense e Santiago o ascenso continúa, amodo, pero continúa. 



Na gráfica de casos acumulados pódese ver perfectamente que o repunte de hoxe non implica, por agora, nada demasiado preocupante. 




Os datos de variación relativa diaria en Galicia dan solidez a esta hipótese tranquilizadora. 





Tampouco na liña galega da evolución logarítimica de casos confirmados vese unha aceleración. 


Repunte significativo que si se aprecia nas liñas de España e Madrid. E é que o Estado sumou case 5.000 novos casos nun día, a peor cifra no últimas seis xornadas.





España confirmou un total de 177.633 casos acumulados de coronavirus a día de hoxe. Deles, case 50.000 son en Madrid. 


A cifra de mortos diarios é quizais a máis fiable para ver como evolucionou a pandemia, aínda que só nos permita intuír o grao de contagios de fai dous ou tres semanas. 


Os decesos de onte en España, 523, mantéñense no rango do últimos cinco días. Nada parece indicar que nos aproximemos de novo as terribles cifras de case 1.000 falecidos diarios. Iso si, o descenso da mortaldade está a ser terriblemente lento.




A MORTALDADE ESTÁ Á BAIXA FÓRA DAS RESIDENCIAS

Da gráfica galega de falecidos poucas conclusións débense sacar. Os datos do Ministerio seguen sen incluír os falecidos en residencias galegas non medicalizadas, a pesar de que cada vez pesan máis no total.  De cada 10 mortos na autonomía, uns 4 están relacionados con residencias.


En todo caso, a cifra de 9 falecidos onte en hospitais e residencias integradas de Galicia son similares aos de onte e signficativamente menores aos de pasada semana. Isto pode confirmar que a pandemia  fóra das residencias está a perder fol , polo menos en Galicia.



A nivel internacional, intúese que o Reino Unido está a lograr torcer a súa gráfica de decesos, aínda que parece xa condenado a aproximarse ao número de mortes de Italia, que xa vai polas 21.000. 


Estados Unidos está desacelerando a súa progresión de decesos moito máis lento que outros países. O ritmo de mortes alí é aterrador: máis de 2.300 nun só día.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE