O coronavirus repunta en Santiago e Ourense e segue retrocedendo en Lugo

Hai que lembrar que o Sergas ao contrario que o Ministerio só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio sempre é superior á da Xunta.




|

Os datos procedentes das fontes oficiais do SERGAS sinalan desde hai días estabilidade no conxunto das súas áreas, aínda que Ourense, con 40 novos casos, e Santiago, con 28, contrastan coa área de Lugo, cun rexistro negativo, o segundo na área nunha semana.




 

Este xoves os datos do SERGAS sinalan 91 casos novos, unha cifra peor que hai 24 horas pero que segue indicando unha boa tendencia no histórico da comunidade. Desta forma, e agarrándonos á evolución das cifras nestas últimas semanas, parece claro que as medidas de confinamento empezan a deixarse notar na sanidade galega.


A de Lugo é a área cos mellores datos, xa que rexistra un descenso de tres casos con respecto a onte. O pasado domingo a área da cidade amurallada rexistrou un descenso idéntico, sendo a primeira en mostrar unha curva negativa.


Doutra banda, Ourense experimentou un lixeiro repunte, con 40 novos casos, despois de varios días en descenso. Pola súa banda, Santiago, que onte sinalaba 27 novos casos, este xoves só suma un caso máis, con 28 novos positivos.


Parte destas cifras relativamente elevadas en Santiago explícanse polo brote de coronavirus na Asociación Amicos do Barbanza.


No resto de áreas os datos son esperanzadores. A Coruña só suma dez novos casos, do mesmo xeito que Pontevedra, mentres que Vigo, que onte arroxou un dato negativo con 28 casos, hoxe só suma tres novos positivos, os mesmo que Ferrol.


Os datos do SERGAS deste 9 de abril sitúan en 5.551 o número de positivos activos  totais en Galicia. Por áreas, 1.148 pertencen a Coruña, 563 a Lugo, 1.041 a Ourense, 470 a Pontevedra, 1.069 a Vigo, 939 a Santiago e 321 a Ferrol.


Hai que lembrar que o Sergas ao contrario que o Ministerio só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio sempre é superior á da Xunta.


Ksn5H casos de coronavirus por reas sanitarias de galicia (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE