A un coruñés xa o pillaron cinco veces saltándose o confinamento

Axentes da Policía Local da Coruña detiveron a un veciño de 32 anos que foi interceptado cando incumpría por quinta vez as normas de confinamento derivadas do estado de alarma.

|

Paseaba a varios quilómetros do seu fogar e finxiu que viña de facer a compra


Axentes da Policía Local da Coruña detiveron a un veciño de 32 anos que foi interceptado cando incumpría por quinta vez as normas de confinamento derivadas do estado de alarma.



Control de estrada a Policu00eda Local durante o confinamento polo coronavirus



Segundo informou a Policía Local, os axentes sorprenderon ao home paseando pola avenida Pedro Barrié de la Maza "sen causa xustificada" a máis de catro quilómetros de distancia do seu domicilio.

Os policía, que explica que o home asegurou que viña de "facer a compra" sen portar mercadoría algunha, xa fora denunciado en catro ocasiones anteriores por incumprir o confinamento. Ademais, fora detido o pasado 4 de abril.

Ante estas cuestións, foi arrestado por un delito de desobediencia grave reiterada á autoridade e aos seus axentes no exercicio das súas funcións, despois de poñer en risco innecesario a saúde pública.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE