Maiores con coronavirus compartiron habitación con maiores sen COVID-19 ata o día 1 en DomusVi Cangas, apunta Trega

Na residencia DomusVi de Aldán Cangas xa non están mesturados os anciáns cos que deron negativo en coronavirus. Así o afirma un comunicado de Traballador@s de Residencias de Galicia (Trega).


|

Na residencia DomusVi de Aldán Cangas xa non están mesturados os anciáns cos que deron negativo en coronavirus. Así o afirma un comunicado de Traballador@s de Residencias de Galicia (Trega).


Este colectivo indica que "a separación entre os residentes positivos e negativos ao COVID-19" non empezou ata "a noite do 31 de martes ao 1 de abril".  Segundo os seus datos, o proceso acabou o miercoles 1 de abril.


Xosefina domusvi


Xosefina Fernández, CEO de DomusVi, recibe un premio de mans do conselleiro de Economía da Xunta o 19 de decembro


A Xunta anunciou a intervención da residencia o día antes, o 30 de abril, como se pode comprobar na web do Goberno.


Por tanto, a separación empezaría máis de 24 horas despois de que a Xunta  decretará a expulsión de DomusVI da xestión ao detectar que de os 151 residentes, 105 estaban xa infectados.


Trega non é precisamente un colectivo acrítico coa Xunta. A pesar do seu carácter reivindicativo, este grupo de traballadores non dubida en aplaudir as labor dos novos supervisores públicos.


"Desde a intervención e chegada do novo empregado público para a  supervisión da residencia, as circunstancias dos traballadores e residentes deron un envorco", apuntan hoxe nun comunicado. 


Ao mesmo tempo que apoian o labor dos novos xestores, Trega acusa a DomusVi e a outros xestores de residencias de maiores privadas dunha xestión "pouco feliz" nas últimas semanas de marzo, cando o COVID -19 era xa un grave problema de saúde pública. 


"O que se estaba vivindo dentro das residencias en xeral e en particular na de Aldán durante as últimas semanas de marzo era caótico por todas as carencias que se sufría: falta de formación, falta de EPIS, falta de persoal", indica o comunicado de hoxe dos traballadores.


Segundo os últimos datos, en DomusVi Aldán (Cangas) morreron xa 11 persoas maiores. A esas 11  poida que haxa que sumar algún máis, pois o cómputo de Política Social non conta aos que trasladan a hospitais e morren alí. 


Eran evitables eses falecementos? Quen é o responsable, no seu caso, a Xunta ou DomusVi? Morreu algunha persoa que compartiu habitación con algún caso diagnosticado de coronavirus? Son cuestións que evidentemente non son baladís. 


Preguntas que ante o volume de contagios (sobre o 75% dos residentes), de denuncias dos traballadores e de familias esnaquizadas é probable que acaben dirimíndose nos xulgados.


 TESTEMUÑOS APUNTAN A PROBLEMAS AÍNDA DESPOIS DA INTERVENCIÓN DA XUNTA

O mércores 1 de abril, xa cando a Xunta tomara o temón, Galiciapress publicou un testemuño dunha enfermeira que relataba o caos na residencia e alertaba dun intento de ocultar a situación. A situación era unha "puta tolemia", aseguraba esta profesional.


Cinco días despois, este luns, outro testemuño chegaba a Galiciapress no que se relataban graves deficiencias, defectos que segundo a Xunta corrixíronse días atrás, punto de vista que comparte Trega.


Morrazo Noticias publicou o domingo que "DomusVi advirte aos traballadores de Aldán de que haberá despedimentos por filtrar información aos medios".  Consultada por Galiciapress, a multinacional francesa non quixo facer declaracións respecto diso.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE