A crise forza ao CD Lugo a facer un ERTE para "garantir a viabilidade" do club

O Club Deportivo Lugo, equipo de LaLiga SmartBank, anunciou este martes que solicitou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) ante a causa maior do parón da actividade deportiva e cotiá do club e co obxectivo de "garantir a viabilidade" do club.

|

O Club Deportivo Lugo, equipo de LaLiga SmartBank, anunciou este martes que solicitou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) ante a causa maior do parón da actividade deportiva e cotiá do club e co obxectivo de "garantir a viabilidade" do club.


Cd lugo


"Nun exercicio de responsabilidade e en aras de salvagardar o futuro do club, tivemos que tomar a decisión de solicitar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego, coa finalidade de diminuír os danos económicos e sociais que está a xerar esta crise", sinalou o Lugo nun comunicado.


Un ERTE solicitado por mor dunha situación "excepcional" provocada pola crise sanitaria do COVID-19. "Moitas actividades víronse afectadas e outras se atopan practicamente paralizadas na súa totalidade", apuntou o club galego, que detallou que o ERTE será de aplicación ao persoal deportivo, que inclúe xogadores e técnicos, así como para o resto de empregados.



"Desgraciadamente, o Club Deportivo Lugo non é alleo a esta crúa realidade, e nunha situación tan grave como esta, vémonos obrigados a tomar decisións tan complicadas como necesarias para garantir a viabilidade da entidade así como a conservación dos postos de traballo", explicou.


"O Consello de Administración do Lugo desexa agradecer a comprensión e colaboración de todos e cada un dos traballadores, polo esforzo especial que están a realizar nestes tempos tan complicados. Sen o voso compromiso sería imposible alcanzar o obxectivo", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE