DomusVi Santiago ten 82 usuarios con coronavirus e familiares piden a intervención da Xunta
A empresa recoñeceu que 82 residentes do centro deron positivos nos test de coronavirus e os familiares dos usuarios piden ao Goberno de Galicia que actúe na residencia de San Lázaro, como xa fixo con outros centros da cadea.

Vista dede a rúa de DomusVi San Lázaro
Estes datos de DomusVi supoñen que das 156 prazas residenciais coas que conta o centro, o 55,12% delas están ocupadas por un usuario con coronavirus. Ademais, a estas cifras hai que engadir que unha trintena de empregados do xeriátrico tamén están infectados.
Estas cifras son as que levou á Asociación de Familiares da Residencia DomusVi San Lázaro a pedir a “urxente intervención” da Xunta de Galicia nesa residencia co fin de “salvagardar no que se poida aos residentes e traballadores que aínda queden negativo”. “Os positivos son os suficientemente elevados para tomar esa decisión”, agregan.
Doutra banda, Política Social cifrou en 14 o número de “residentes falecidos nos hospitais nos últimos 6 días”, advirten os denunciantes, á vez que recalcan que estes datos non reflicten fidedignamente a realidade xa que pode haber algún caso “sen contabilizar desde o pasado 1 de abril”.
Escribe o teu comentario