Non nos van a tombar

Jose Luis Torres Abal

Articulista. Moraña, Pontevedra.

Nosa xeración, as persoas da nosa idade, os que quedemos vivos despois desta pandemia, merecémonos unha homenaxe popular de todo o país. Sobre todo, da mocidade, dos máis novos, porque creo que nolo gañamos.


Nós, que non gozamos da nosa mocidade, que foi truncada por unha Ditadura, na que non tiñamos dereito a nada, nin sequera a pasear máis de tres. Entón loitamos por defender a liberdade, a igualdade, e a xustiza e criamos aos nosos fillos e educámolos con eses valores. Por eles saímos á rúa para defender todos eses dereitos pagándoo algúns co cárcere.


Os que loitamos por todo iso, vivindo unha transición difícil coa espreita dos sabres no alto, cun intento de golpe de estado, cunha reconversión industrial moi dura nos núcleos industriais deste país, estando sempre en garda na defensa, sobre todo do estado democrático e de dereito, pasando unha epidemia como a sida, a gripe abiar, o ébola, agora o covid-19, e chegados a este ano algúns nos queren deixar morrer, porque somos maiores.


Pois non nos van a tombar e volveremos enfrontarnos a algúns poderes fácticos, e neoliberais, e para levarlles a contraria, seguiremos aquí alzando a voz e manifestando nosa máis enérxica protesta e a nosa DIGNIDADE.


Por iso cando isto pase os máis novos teñen que demostrar o seu agradecemento público pola nosa forza. Por seguir sendo a voz do POBO, e que teñamos a suficiente enerxía e forza da solidariedade colectiva, por exemplo está a facer a miña paisana Luz Casal.


Polos valores do noso POBO, ánimo e aquí seguiremos, desde Moraña.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE