O Goberno busca prorrogar o estado de alarma polo coronavirus

RTVE adianta que o Goberno de España estuda pedir ao Parlamento unha prórroga do estado de alarma, que sería ata o 26 de abril. Son dúas semanas máis do aprobado incialmente.Sánchez necesita a maioría no Congreso para sacalo adiante.


|

RTVE adianta que o Goberno de España estuda pedir ao Parlamento unha prórroga do estado de alarma, que sería en principio ata o 26 de abril. A emisora pública cita fontes da dirección do PSOE.


Estado de Alarma

Pedro Sánchez anunciando o primeiro estado de alarma


Son dúas semanas máis do aprobado inicialmente . De producirse, a ampliación exporase formalmente a próxima semana. RTVE indica que as negociacións cos outros partidos empezarán esta fin de semana.


Pedro Sánchez necesita a maioría no Congreso para sacala adiante. Desde o PP critican xa que se decataron a través dos medios de comunicación, aínda que parecen listos para apoiar a prórroga. Din que o presidente do Goberno leva dúas semanas sen falar co seu líder, Pablo Casado. Acusan a Sánchez de ser desleal.


A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, asegurou este venres que o presidente do Goberno decidirá se propón ao Congreso dos Deputados a ampliación do estado de alarma máis aló do 11 de abril en función do "criterio técnico" das autoridades sanitarias.


Nunha entrevista na Cadea SER, recollida por Europa Press, a titular de Traballo insistiu en que o Executivo débese "ao que digan" os técnicos sanitarios para "acabar dunha vez por todas" coa pandemia de coronavirus que mantén aos españois confinados desde o pasado 14 de marzo.


"As medidas que estamos a tomar son durísimas e teñen este único labor que é baixar a curva de contagios e saír rapidamente da situación. Esta competencia é do presidente do Goberno e estou segura de que a vai a tomar cun criterio técnico", apuntou.


Díaz expresouse así despois de que o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, condicionase este xoves a prórroga do estado de alarma á evolución da pandemia nos próximos días, e sempre seguindo os criterios do comité científico.


O principal asesor científico do Executivo, Fernando Simón, o técnico do Ministerio de Sanidade que dirixía as roldas de prensa, dixo hoxe que  "se é necesario, haberá que continuar con estas medidas algunhas semanas máis".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE