A gráfica mostra unha baixada relevante tanto en Galicia como en España de novos casos de coronavirus


Boas noticias por fin. Galicia pasa de 450 positivos confirmados nun só día a 367. É dicir, a epidemia segue crecendo, pero dá indicios de que pode estar desacelerando. Moderación que se aprecia aínda máis claramente no conxunto de España, coa cifra de positivos máis baixa no últimas cinco xornadas.


|

Boas noticias por fin. Galicia pasa de 450 positivos confirmados nun só día a 367. É dicir, a epidemia segue crecendo, pero dá indicios de que pode estar desacelerando. Moderación que se aprecia aínda máis claramente no conxunto de España, coa cifra de positivos máis baixa no últimas cinco xornadas.





Pese ao ansiado alento de optimismo destas cifras, hai que ser  moi prudente, sobre todo no referido a Galicia. O país vén dun acelerón nas dúas últimas xornadas, mentres que o Estado leva xa varios días sen superar o seu récord de novos casos diarios.





CASOS POR ZONAS DE GALICIA

O total de positivos galegos que publicou esta domingo o Ministerio é de 3.139 . A Xunta reduce a cifra a 2.925. O Goberno Galego desagrega casos activos, eses 2.925; pacientes curados 153 e falecidos, 61.


Por áreas sanitarias, a distribución dos casos diagnosticados é a seguinte: 681 en Vigo, 639 na Coruña, 480 en Santiago 415 en Ourense, 324 en Pontevedra, 244 en Lugo e 142 en Ferrol.




ESPAÑA PARECE QUE EMPEZA A CONTER O COVID-19

España confirmou un total de 78.797 casos acumulados de coronavirus a día de hoxe. Son uns 6.500 casos máis que onte, pero o aumento é similar ao do pasado martes. A gráfica estatal evidencia que o pico -se se segue aplicando a corentena- pode quedar atrás:


 



Na gráfica logarítmica que compara datos de España, Madrid e Galicia apréciase como a capital do Estado está a frear máis que a comunidade galega:



As peores noticias seguen sendo o número de mortos. Aínda que as cifras de hoxe son similares ás de onte, cunhas 830 persoas falecidas, España xa suma máis de 6.500 mortes. Así evolucionaron as mortes rexistradas a diario:





A evolución de falecidos en Galicia é moito máis irregular, dado que o número de pacientes é máis pequeno. En todo caso, os trece mortos de onte indican que o pico desta luctuosa gráfica parece non estar preto e que quedan xornadas moi duras por delantes nas UCIS do SERGAS:




A nivel internacional, é evidente que a epidemia, como predixo hai unha semana a OMS, está desbocada sobre todo nos Estados Unidos. Alí crece a máis de 20.000 positivos por día:




Made with Flourish


Tamén son preocupantes os últimos datos de Italia. Os trasalpinos non baten o seu récord, pero a última cifra é a segunda maior de toda a serie:





RObbg evoluci n de positivos de coronavirus en galicia nbsp  (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE