Preocupante salto do coronavirus en Vigo e Lugo, mostra a gráfica diaria por áreas sanitarias do SERGAS

Con todo, en Vigo produciuse un maior ascenso nos últimos días.Pola contra, a epidemia parece ir moito máis atrasada na área sanitaria de Ferrol.


|

Vigo, con 124 casos nun día, bateu este sábado o récord absoluto de positivos confirmados nunha área sanitaria. Aínda máis destacado o incremento en Lugo, que nunca experimentara máis de 35 casos nun día e agora pasa a 79.





As boas noticias deste sábado achéganas A Coruña, cun importante bajón de casos e Ferrol, onde a epidemia parece que non está a conseguir despegar:






Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo. Por iso non é raro que Vigo e A Coruña sexan as máis afectadas. Tampouco serían raro que agora subise o ritmo de infección nas áreas ás que parece chegou mais tarde o COVID-19.


CASOS CONFIRMADOS  POR ÁREAS SANITARIAS


Segundo as cifras deste sábado da Xunta hai 2.627 casos en activo: 633 na área de Vigo, 597 na Coruña, 454 en Santiago, 371 en Ourense, 290 en Pontevedra, 219 en Lugo e 63 en Ferrol. 

.  A Xunta -ao contrario que o Ministerio- desagrega casos curados, activos e falecidos.  



Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (1)


 



 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE