A policía bloquea as saídas das cidades galegas para que se cumpra a corentena

Axentes da Policía Local e das forzas e corpos de seguridade do Estado están a efectuar controis nas cidades galegas para evitar desprazamentos "inxustificados" durante a fin de semana.


|

Case todas as familias galegas teñen unha casa no rural na que poderían pasar estes días. Sabedores diso, as autoridades reforzan os controis.


Axentes da Policía Local e das forzas e corpos de seguridade do Estado están a efectuar controis nas cidades galegas para evitar desprazamentos "inxustificados" durante a fin de semana. Sobre os mesmos, desde a Delegación do Goberno en Galicia sinalaron que se farán tamén en "grandes poboacións" desde este venres "e ata o luns". "Máis controis e máis estritos que a fin de semana pasada", apuntaron.



Control policial na Coruña


No caso da Coruña, segundo informa o Consistorio, a Policía Local levou a cabo este mediodía, seguindo as instrucións da autoridade competente, controis especiais nas saídas e entradasde a cidade.

Todos os corpos e forzas de seguridade da cidade participaron neste dispositivo que se realizou nas principais vías de acceso e saída do municipio "para impedir o éxodo dos veciños e veciñas sen causa xustificada e, por tanto, incumprir as normasdecretadas polo estado de alarma".

Os axentes da Policía Local utilizaron, no seu caso, pantallasde protección confeccionadas polo propio corpo de seguridade municipal seguindo as instrucións dunha empresa que lle doou ao Concello da Coruña o material certificado necesario para a montaxe destas pantallas.

Nestes momentos, tamén están a utilizar estes equipos de protección o corpo de Bombeiros, Protección Civil, Policía Nacional, 061 e a Garda Civil do centro penal de Teixeiro.

MÁIS CONTROIS
Similares controis, realizáronse noutra cidades como en Vigo, segundo informou o alcalde, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que lembrou que esta vixilancia xa levou a cabo a pasada fin de semana. Na súa comparecencia, incidiu tamén na necesidade de que as persoas respecten o confinamento "porque ninguén está libre de contaxiar ou ser contaxiado".

Tamén Policía Nacional, en colaboración coa Local e Autonómica, procedeu a establecer este venres controles en varios puntos da cidade de Ourense co fin de evitar que se realicen "saídas improcedentes".

Segundo informou a Policía Nacional, esta primeira vez realizáronse en cinco puntos, mentres que o resto da fin de semana estableceranse tres. Todos eles "a distintas horas" e en diferentes lugares.

Estes controis pretenden, destacaron as mesmas fontes policiais, "concienciar e disuadir á xente por tomar decisións insolidarias". Pola súa banda, a Garda Civil lembra que conta con patrullas operativas por toda a provincia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE