"Demos positivo en coronavirus" di o alcalde de Lalín neste vídeo

O rexedor da localidade pontevedresa de Lalín, José Crespo (PP), e a súa muller deron positivo na proba do COVID-19, segundo anunciou o propio mandatario popular nun vídeo subido ás súas redes sociais.

|

Crespo informa os seus veciños que tivo os primeiros síntomas o día 15, illouse, está ben e segue traballando a distancia


O rexedor da localidade pontevedresa de Lalín, José Crespo (PP), e a súa muller deron positivo na proba do COVID-19, segundo anunciou o propio mandatario popular nun vídeo subido ás súas redes sociais.


Josu00e9 Crespo alcalde de Lalu00edn no vu00eddeo que confirma o seu positivo en coronavirus



"Esta mañá confirmáronme que tanto Maribel como eu demos positivo nas probas do coronavirus que nos fixeron o pasado martes. Simplemente dicirvos que estamos o dous ben e que eu sigo traballando desde casa para tentar paliar na medida do posible todos os problemas ocasionados por esta pandemia, que, como imaxinaredes, non son poucos", sinala o alcalde de Lalín.

Crespo asegura que dirixe o concello pola vía telemática desde que notou "os primeiros síntomas" hai 15 días e que, desde entón, segue "os protocolos de seguridade sanitaria", algo que chama a facer a toda a cidadanía.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE