Primeira liña da fronte anticoronavirus na Coruña: Policías aplauden a sanitarios, sanitarios aplauden a policías (vídeos)

Corpos de seguridade da Coruña, entre eles policías locais, nacionais e axentes da Garda Civil, ademais de Bombeiros e de efectivos de Protección Civil, participaron nunha homenaxe ao persoal sanitario, que, á súa vez, respondeulles con aplausos.

|

Se alguén se está xogando a súa saúde -e a das súas familias- por conter ao coronavirus son os sanitarios do Sergas e os servizos de emerxencia e seguridade. Traballadores públicos que hoxe intercambiaron un merecido aplauso ás portas do hospital da Coruña, uno dos máis atacados polo Covid-19.


Corpos de seguridade da Coruña, entre eles policías locais, nacionais e axentes da Garda Civil, ademais de Bombeiros e de efectivos de Protección Civil, participaron nunha homenaxe ao persoal sanitario, que, á súa vez, respondeulles con aplausos.


Homenaxe de corpos de seguridade da Coruña ao persoal sanitario


Fixérono xunto aos seus vehículos que fixeron un breve percorrido preto das instalacións do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Entre os que se atopaban concentrados na rotonda do Chuac, estiveron, dun lado, os convocantes desta homenaxe e, do outro, o persoal sanitario, que lles respondeu con aplausos.


Policu00edas e sanitarios intercambian aplausos en plena crise do coronavirus fronte Hospital Universitario A Coruu00f1a



CONVOCADOS POLO CONCELLO
O obxectivo, segundo avanzou o Consistorio con motivo desta convocatoria, foi "darlles un forte aplauso a todas e todos os profesionais que axudan con recursos médicos e asistenciais a frear o avance da enfermidade e procuran o benestar das e dos coruñeses infectados".

No transcurso do acto, garantiuse o paso de ambulancias e outros vehículos que querían acceder ao Chuac. A iniciativa xurdiu de todos os corpos de seguridade que operan na cidade.

"Como unha forma de agradecerlles ás persoas que están tan expostas ao virus o seu labor e humanidade e tamén para darlles moita forza nestes días tan críticos", explicaron desde o concello herculino.








Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE