Gráfica por áreas: o coronavirus segue acelerando máis en Vigo e hai un forte repunte en Ourense

Con todo, en Vigo produciuse un maior ascenso nos últimos días.Pola contra, a epidemia parece ir moito máis atrasada na área sanitaria de Ferrol.


|

Segunda xornada en que Vigo lidera o número de casos de coronavirus en Galicia, ao detectarse 66 novos casos . Prodúcense ademais significativos repuntes respecto xornadas anteriores en Ourense, con 45 casos novos, Ferrol, con 11 caos novos, e Lugo, con 29 casos novos.





Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo. Por iso non é raro que Vigo e A Coruña sexan as máis afectadas. Tampouco serían raro que agora subise o ritmo de infección nas áreas ás que parece chegou mais tarde o COVID-19.





POSITIVOS POR ÁREAS SANITARIAS


Segundo as cifras da Xunta, dos 1.832 casos de pacientes infectados na Comunidade galega, 438 corresponden á área da Coruña; 128 á de Lugo; 231 á de Ourense; 222 á de Pontevedra; 462 á de Vigo; 302 á de Santiago e 49 á de Ferrol. Hai que ter en conta que os datos do Ministerio fala de 1915, porque tamén conta persoas falecidas e curadas:




BAIXA A PRESIÓN SOBRE As UCIS


Unha boa noticia é que do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI --fronte aos 69 da xornada pasada. Ademais, 499 están en unidades de hospitalización --90 máis que o mércores-- e 1.247 en seguimento domiciliario.


Ata a data o número de probas para detectar casos de coronavirus realizadas en Galicia ascenden a 8.805, concretou a Consellería de Sanidade.



Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020


 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE