O grupo Caamaño doa 250.000 máscaras para sanitarios, policías e gardas civís

A empresa Caamaño Asia, pertencente ao grupo Caamaño, comprometeu a doazón de 250.000 máscaras destinadas á protección do persoal sanitario do Sergas e axentes das forzas de seguridade da área metropolitana da Coruña que están a traballar na loita contra o coronavirus.

|

Inditex colaborou en liquidar os atrancos loxísticos e burocráticos para traer o material de Asia


A empresa Caamaño Asia, pertencente ao grupo Caamaño, comprometeu a doazón de 250.000 máscaras destinadas á protección do persoal sanitario do Sergas e axentes das forzas de seguridade da área metropolitana da Coruña que están a traballar na loita contra o coronavirus.

En concreto, a empresa fixo entrega da primeira partida de 50.000 máscaras ao Sergas e o xoves chegará unha segunda remesa con 100.000 unidades.


Máscaras doadas a persoal sanitario e forzas de seguridade pola empresa Caamaño Asia

Ademais, segundo informa, iniciou xa os trámites para traer a Galicia 100.000 máscaras máis, das cales a metade se entregará igualmente ao Sergas e a outra metade ás forzas de seguridade da contorna da Coruña, en resposta á demanda trasladada por parte destes colectivos.

Os responsables da empresa agradecen a Inditex a súa axuda en materia loxística e cos trámites de aduana, "que permitiron axilizar o proceso de importación do material sanitario para contribuír a paliar canto antes ás imperiosas necesidades dos profesionais da sanidade".

Pola súa banda, Nortempo, empresa dedicada á xestión de recursos humanos, explica que poñerá ao dispor da rede de centros hospitalarios e residencias da terceira idade de España unha base de datos con perfís especializados en saúde, nas diferentesáreas de interese.

Mentres, debido ao estado de alarma e as medidas para frear o coronavirus, a organización do Salón do Vehículo Usado e de Ocasión Motorocasión, que estaba previsto celebrar no recinto feiral ExpoCoruña, anunciou o seu aprazamento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE