​A atención telefónica polo coronavirus non funciona

Carmen P. Flores

Cada día escoitamos, lemos, vemos que as autoridades din que as persoas queden en casa .“Eu quédome na casa”, ese é o slogan que todos retemos na nosa memoria. A inmensa maioría cumpre obedientemente, queda en casa. Unha minoría non cumpre a orde e xa están a pagar as consecuencias: multas e prisión. É normal que cada un individualmente pague as consecuencias dos seus actos irresponsables e insolidarios.


Telefono-informacion-24h.Com


A outra recomendación que recibimos é a de non ir a urxencias, senón chamar por teléfono ao número correspondente que dispón cada comunidade autónoma. Ben ata aí. A maioría cumpre obedientemente. O problema vén cando as persoas que teñen síntomas chaman ao número, cóllenlles nota, dinlles que lle chamará un doutor/ra e pasan cinco días e ninguén lles chama para dicirlles o que deben facer.


A outra recomendación que recibimos é a de non ir a urxencias, senón chamar por teléfono ao número correspondente que dispón cada comunidade autónoma. Ben ata aí. A maioría cumpre obedientemente. O problema vén cando as persoas que teñen síntomas chaman ao número, cóllenlles nota, dinlles que lle chamará un doutor/ra e pasan cinco días e ninguén lles chama para dicirlles o que deben facer. Algunhas desas persoas non volverán chamar: morréronse por ser disciplinadas e cumprir co que lles din as autoridades “competentes”. Como é posible que, a estas alturas, as chamadas telefónicas sigan sen solucionarse?. Algúns pensarán que poida que á persoa que non se lles atenden telefonicamente son as de maior idade, pero non son de todas as idades. Ademais, hai outro agravante engadido, as persoas que chaman son de risco, porque se lles están tratando de cancro, a situación segue sendo a mesma que o resto. Por que? Unha mala planificación?.


Con esta grave situación, o que vai ocorrer é que as persoas se revelen, ante a preocupación de non saber se ten o coronavirus, vaian ás urxencias para que lles atendan. Viviremos episodios de enfrontamento, a cidadanía é obediente, paciente, pero ata certo punto, sobre todo cando o que está en xogo é a súa vida e sente que o sistema non se preocupa dela.


Hai que mellorar a atención telefónica para atender á xente que chama, só así se poderá facer fronte á indignación que teñen demasiados cidadáns/as. Onde está o persoal sanitario xubilado que se ofreceu a colaborar de forma desinteresada?. En situacións como esta, menos burocracia, máis axilidade para resolver unha situación que ten á cidadanía angustiada. É a hora de solucións rápidas, non de botarlle a culpa a outros, senón de coller o touro polos cornos e afrontar a situación con valentía, con resolución e efectividade.


Todos preguntámonos polos test rápidos que din que chegan, pero que poucos “gozan” deles. Nin a maioría de persoas de risco están a ser beneficiarios dos mesmos. Menos falar e máis poñerse ao choio, ou o coronavirus gañaría a batalla. Está a levarse por diante a toda unha xeración que loitou como ninguén en épocas tan complicadas como as que lles tocou vivir. É unha xeración de loitadores que non merecen acabar as súas vidas como o están facendo: morren, sen despedirse dos familiares, na máis estrita soidade. Vanse sen molestar a ninguén. Que tristeza para as súas familias, que desesperación para as persoas da súa idade que sospeitan que iso tamén lles pode ocorrer a eles.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE