A gráfica do coronavirus en cada área de Galicia revela onde está a acelerar máis a epidemia

Con todo, en Vigo produciuse un maior ascenso nos últimos días.Pola contra, a epidemia parece ir moito máis atrasada na área sanitaria de Ferrol.


|

Os datos do SERGAS mostran que A Coruña é desde o principio a área sanitaria que acumula o maior número de casos. Con todo, en Vigo produciuse un maior ascenso nos últimos días.


Pola contra, a epidemia parece ir moito máis atrasada na área sanitaria de Ferrol. Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo.




A Administración galega dixo hoxe que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.364, o que supón 204 máis que este luns cando había 1.170, e o número de falecidos sitúase en 22 persoas. 


POSITIVOS POR ÁREAS SANITARIAS

De 1.364 positivos, 359 corresponden á área da Coruña; 312 á de Vigo; 239 á de Santiago; 179 á de Pontevedra; 152 á de Ourense; 97 á de Lugo; e 36 á de Ferrol.


As estatísticas da Xunta contan casos activos, sen contar falecidos nin casos dados de alta, ao contrario que os datos do Ministerio.


Ksn5H casos de coronavirus por reas sanitarias de galicia




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE