A gráfica mostra que baixan os novos casos diarios de coronavirus en Galicia

En Galicia indica que se confirmaron 207 positivos, o que constitúe unha significativa baixada desde os 293 novos casos da xornada anterior.


|

O Ministerio de Sanidade acaba de publicar os datos oficiais do COVID-19. En Galicia indica que se confirmaron 207 positivos, o que constitúe unha significativa baixada desde os 293 novos casos da xornada anterior. É a primeira vez que pasa algo así no últimos oito días.





En Galicia hai 1.415 positivos. Os datos da Xunta son levemente diferentes . Para a Administración galega número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.364, o que supón 204 máis que este luns cando había 1.170, e o número de falecidos sitúase en 22 persoas.  1.374 positivos, 359 corresponden á área da Coruña; 312 á de Vigo; 239 á de Santiago; 179 á de Pontevedra; 152 á de Ourense; 97 á de Lugo; e 36 á de Ferrol. 


Tomando  como referencia os datos do Ministerio, o retroceso é de só é un día, pero apréciase claramente una certa freada:







A nivel estatal, hai case 40.000 casos confirmados, dos cales uns 12.000 están rexistrados en Madrid. 



Os datos diarios, neste caso, non son positivos, pois a gráfica mostra unha subida do ritmo da epidemia en España. Isto pode ter que ver cun maior número de test. 


A incidencia acumulada en España é de 80,9 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días. Galicia está por baixo desa media, con 51,6 casos. As autonomías que peor están son Madrid (173), Navarra (153), Castela a Mancha (119), Castela e León (100) e Cataluña (100).


Fernando Simón indicou que o pico da epidemia pode estar próximo, pois di que as cifras de hoxe reflicten a realidade duns 7-10 días no pasado.  


O director de o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES) dixese que ese atraso era de 4-5 días en anteriores ocasións. O experto indica que moi pronto, en todo caso, deberiamos saber se as medidas de confinamento están a dar resultado. Iso si, Simón augurou que a presión sobre os hospitais e as UCIs será máis longa que o confinamento da cidadanía en xeral.





A nivel de España soben os recuperados ata 3.794, pero tamén os hospitalizados ata 22.762. Os falecidos  en España son 2.696.:




Madrid e Cataluña son as comunidades que máis casos acumulan:







A nivel internacional, as boas noticias proveñen de Italia, onde hai indicacións de que podían superar o pico da infección, uns 13 días despois do inicio da corentena:





As peores noticis son para Estados Unidos, que xa superou a Irán en número de positivos e pronto superará a España, pois leva varias xornadas con máis de 5.000 positivos confirmados ao día.


Os datos desta ifnormación proveñen do Ministerio, que din son consolidados ás 21:00 horas do 23.03.2020.





R0hZy evoluci n de positivos de coronavirus en galicia (8)



(Haberá ampliación con máis gráficos)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE