Máscaras para sanitarios fabricadas con impresoras 3D "made in" Concello de Ourense

O Concello de Ourense, a través do Centro de Coñecemento da Molinera, colabora na fabricación dunhas máscaras protectoras con impresoras 3D e bobinas de PLA, material co que se realizan os produtos e as pantallas, para facerllas chegar aos particulares que as soliciten.



|

O Concello de Ourense, a través do Centro de Coñecemento da Molinera, colabora na fabricación dunhas máscaras protectoras con impresoras 3D e bobinas de PLA, material co que se realizan os produtos e as pantallas, para facerllas chegar aos particulares que as soliciten.



Máscaras protextoras



Diso informou o Consistorio nun comunicado remitido aos medios, no que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, explica que esta acción pon de manifesto a vontade do Concello de "contribuír a garantir a saúde dos ourensáns" xa que se trata de "aproveitar un espazo como A Molinera para que se poida contar con material que axude a evitar o contaxio".


O Concello destacou que, na última semana, a colaboración cidadá para loitar contra a pandemia Covid-19 xorde a través de múltiples iniciativas. Unha destas, segundo indicou, promoveu a fabricación con impresoras 3D de diferentes produtos para paliar a propagación do virus na medida do posible.





En primeiro lugar, conforme sinalou, materializouse un grupo a nivel nacional denominado o Coronavirus Maker, que en Galicia derivou no CV19-GAL e no que participan moitos dos integrantes da Molinera.

Deste xeito, o Consistorio ourensán puxo ao dispor deste grupo as impresoras 3D e as bobinas PLA. Neste momento, os integrantes desenvolven os primeiros prototipos de rendemento dunha máscara cada 75 minutos, co que se pretende realizar sete ou oito cada día. Ademais, trabállase para dispoñer de 30 máquinas, o que supoñerá realizar unhas 210 unidades diarias.

Con esta iniciativa o Concello destacou que busca axudar aos voluntarios que actúan desde as súas casas para levar material aos centros sanitarios, así como distribuír equipos de protección individual entre comerciais, panaderías, quioscos e pequenas tendas de alimentación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE