A gráfica do coronavirus en Galicia segue monstrando un aumento progresivo, aínda que sen dispararse

A Comunidade galega rexistra un total de 884 casos positivos de coronavirus, 163 infectados máis que os contabilizados a pasada xornada de sábado pola Consellería de Sanidade.



|

Van polo menos doce días desde que empezou a crise do coronavirus en Galicia -cando se chegou a 16 positivos- e oito días desde o estado de alarma. Con todo, día a día crece o número de casos novos, aínda que non a ritmos doutras comunidades.


A Comunidade galega rexistra un total de 884 casos positivos de coronavirus, 163 infectados máis que os contabilizados a pasada xornada de sábado pola Consellería de Sanidade. Tomando o cómputo do Ministerio de Sanidade tamén do sábado, son 915 casos en total e 176 máis desde o sábaod. 


Ministerio e Xunta seguen sen coordinarse para ofrecer cifras que coincidan. O Ministerio parece que inclúe nas súas estatísticas os falecidos, máis dunha ducia en Galicia, e os recuperados. A Xunta só os casos activos. Ademais, as horas de corte difiren.


En todo caso, a gráfica -elaborada con datos do Ministerio- indica que a enfermidade avanza na autonomía, acelerando cada día un pouco máis. Non hai indicios do ansiado momento en que a curva de novos casos empece a descender.




Comparando coa evolución a nivel estatal, parece evidente que Galicia está a esquivar os incrementos exponenciais doutras zonas, polo menos por agora. Está por ver como afectan os brotes declarados en varias residencias de anciáns. 





Hai indicios de que a nivel estatal a curva de novos casos pódese estar a dobregar? O certo é que os novos positivos do sábado son bastante menos que os do venres e uns pouco superiores que os do xoves. Un pequeno raio de esperanza.





Outro dato interesante é que parece que as comunidades do sur de España -as máis asolladas- tenden a desenvolver menos incidencia acumulada. Este indicador mide os casos por cada 100.000 habitantes. Os mellor parados son Andalucía, Murcia e Canarias.


Incidencia acumulada







Ademais desta cifra, as autoridades sanitarias confirman 16 persoas que foron dadas de alta, 10 delas nas últimas 24 horas. A outra cara da moeda mostra os 15 falecementos de persoas que padecían coronavirus na Comunidade.

Por áreas sanitarias, a da Coruña segue sendo a máis afectada, con 226 infectados; Vigo con 212; Pontevedra con 136; Santiago con 129; Ourense con 95; Lugo con 58 e Ferrol con 28 casos en activo.

Segundo o réxime de asistencia sanitaria que están a recibir os pacientes, o Sergas confirmou que 33 deles permanecen ingresados na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), mentres que 226 atópanse en unidades de hospitalización e os 625 restantes, a maior parte deles, están nos seus domicilios.

Por outra banda, a Consellería de Sanidade informou de que ata a data realizáronse 5.052 probas diagnósticas en Galicia, o que significa que nas últimas 24 horas leváronse a cabo 915 PCR para detectar ou descartar novos casos de coronovirus.

VÍTIMAS MORTAIS
En canto ao balance de vítimas mortais, a última foi unha muller 84 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), que faleceu esta mañá de domingo e que permanecía nunha unidade de hospitalización convencional illada.

Con ela son dous as persoas falecidas nesta xornada. A outra é unha muller de 77 anos que estaba hospitalizada no Juan Cardona de Ferrol e que se rexistra como o primeiro caso de morte na área Sanitaria de Ferrol.

Ambas se suman aos outros catro casos da pasada xornada, todos con patoloxías previas, que se atopaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e que tiñan 93, 81, 74, e 68 anos.

061 SÓ PARA EMERXENCIAS
A Xunta destaca que continúa traballando desde a "máxima coordinación interdepartamental" e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste sentido, reitera que segue alerta, actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Sanidade apelou á cidadanía para empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais, lembrou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten ao dispor da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.


R0hZy evoluci n de positivos de coronavirus en galicia (6)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE