O PSOE de Vigo denuncia a Corina Porro e a súa familia "por incumprir" a corentena

O PSOE de Vigo remitiu un escrito á Xunta e á Subdelegación do Goberno en Pontevedra no que solicita abrir un "procedemento sancionador" á delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, por "incumprir" as normas da Real Decreto Lei polo que se declarou o estado de alarma.

|

O PSOE de Vigo remitiu un escrito á Xunta e á Subdelegación do Goberno en Pontevedra no que solicita abrir un "procedemento sancionador" á delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, por "incumprir" as normas da Real Decreto Lei polo que se declarou o estado de alarma.



Corina Porro



Segundo manifestan os socialistas neste escrito, o 20 de marzo apareceron no periódico Faro de Vigo unhas declaracións nas que Corina Porro comentaba "como transcorría a vida" durante o estado de alarma.


Nelas, a delegada explica que "en festivos" os seus tres fillos "veñen" e botan "unhas partidas". Por mor destas declaracións, o PSOE de Vigo considera que "corresponde" abrir un "procedemento sancionado" por "o manifesto incumprimento" da orde de permanecer en casa que teñen todos os cidadáns do Estado.

Argumentan que "en circunstancias como estas resulta imprescindible o deber de ejemplaridad dos cargos públicos" e a condición de cargo público de Corina Porro "agrava" a situación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE