A Brilat chega esta sábado ao Barbanza, con despregamentos nos municipios de Rianxo e Ribeira

A unidade do Exército de Terra Brilat continúa coa 'Operación Balmis' en diferentes puntos do territorio galego. Durante esta xornada despregarase nos municipios coruñeses de Santa Uxía de Ribeira e Rianxo, así como no pontevedrés de Tui.

|

A unidade do Exército de Terra Brilat continúa coa 'Operación Balmis' en diferentes puntos do territorio galego. Durante esta xornada despregarase nos municipios coruñeses de Santa Uxía de Ribeira e Rianxo, así como no pontevedrés de Tui.


A BRILAT e a Policía Nacional na xornada de despregamento do venres en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

O obxectivo destas actuacións é establecer os procedementos e as ligazóns coas autoridades locais e as Forzas e Corpos de Seguridade no marco do dispositivo contra o coronavirus Covid-19.

As unidades actuarán en cada unha das citadas cidades galegas e tamén na capital do Principado de Asturias, Oviedo. Alí tratarán de "recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz" con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade.

Segundo informou esta unidade, estas accións buscan "facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma nas zonas de especial risco para o contaxio".

Todas estas actividades realízanse no marco da operación que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE