Coronavirus: Trece casos confirmados en Galicia, incluído o primeiro en Ourense, e unha ducia máis probable

A crise de COVID dá un salto cuantitativo relevante en Galicia. Os contranálisEs efectuados en Madrid dan positivo, pasando o número de casos confirmados de 6 a 13 nun día. Entre eles está unha profesora dun centro educativo concertado de Ourense. Un centro cívico da Coruña pechado por ser foco de contaxio. Á espera da confirmación de "10 ou 12" casos máis. Con todo, "Galicia continúa cunha das taxas máis baixas de casos confirmados con 0,44/100.000 habitantes", sinala a Xunta.


|

A crise de COVID dá un salto cuantitativo relevante en Galicia. Os contranálisEs efectuados en Madrid dan positivo, pasando o número de casos confirmados de 6 a 13 nun día. Entre eles está unha profesora dun centro educativo concertado de Ourense. Un centro cívico da Coruña pechado por ser foco de contaxio. Á espera da confirmación de "10 ou 12" casos máis. Con todo, "Galicia continúa cunha das taxas máis baixas de casos confirmados con 0,44/100.000 habitantes", sinala a Xunta.


A Consellería de Sanidade confirmou a existencia de 13 persoas infectadas por Covid-19 en Galicia, ás que podería sumarse un home ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, cuxas probas foron remitidas ao Centro Nacional de Microbiología de Madrid.


Reunión na Consellería de SAnidade en relación ao dispositivo polo coronavirus.


Nunha rolda de prensa celebrada na tarde deste luns en Santiago, o Goberno galego ha actualizado a cifra de persoas infectadas con coronavirus na comunidade. Así, están confirmados un total de 13 casos de Covid-19, dos cales oito se localizan na Coruña, catro en Vigo e un en Ourense.

Os casos da cidade herculina están relacionados co centro cívico de Feáns, que foi clausurado polo Sergas para porceder á súa desinfección.


O caso confirmado en Ourense é o primeiro que se rexistra na provincia. Trátase dunha profesora dos Maristas.


DOCE CASOS PROBABLES MÁIS

Unha ducia máis se atopan pendentes da confirmación do Centro de Microbiología de Majadahonda.


O aumento de casos nas últimas horas --este domingo había seis confirmados-- produciuse na área da Coruña, con sete novos casos, e en Ourense, onde se confirmou o primeiro infectado.

A estes súmanse outros "10 ou 12 casos" que están pendentes de recibir a confirmación de infección por coronavirus do centro de Majadahonda, polo menos uno na Coruña sen nexos cos outros e outro en Pontevedra, dunha persoa de 45 anos que viaxou recentemente a Madrid.



Rolda de prensa  do conselleiro de Sanidade sobre o coronavirus



A MAIOR PARTE, EN DOMICILIO
Dos 13 infectados, nove teñen "signos leves" da doenza e atópanse illados no seu domicilio, mentres que dúas persoas están na UCI --un home de 43 anos en Vigo e un de 81 na Coruña-- e outros dous ingresados en planta.

En canto ás idades, tres pacientes son menores de 40 anos --entre eles un neno de 15--, sete teñen entre 40 e 70 anos e tres máis de 70 anos.

FOCO DA CORUÑA
Tras a investigación de contactos realizada estes días, Sanidade confirmou que sete de os oito pacientes infectados por coronavirus na área da Coruña "teñen relación" cun mesmo centro cívico da cidade, o de Feáns, que foi pechado de forma preventiva.

Aínda que inicialmente considerábase que este grupo obedecía a "dous posibles focos", explicou subdirector xeral de Información sobre a Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, finalmente, púidose establecer o nexo, dunha ou outra maneira, de todos os afectados con este centro cívico.


CHAMADA AOS QUE ESTIVERON EN FEÁNS

Por iso, contactouse cos usuarios e persoas que puidesen estar en contacto con eles para vixiar a aparición de síntomas e poder realizar un "diagnóstico precoz", á vez que se pechou o centro cívico durante 14 días.

Pola súa banda, o caso confirmado en Ourense é o dunha profesora do centro dos Salesianos Colexio María Auxiliadora de Ourense, que viaxou recentemente a Venecia. A muller, que se atopa con síntomas leves, estivo en "certo illamento social" nos días previos, consciente de que podería contraer o virus, e non presentou síntomas mentres estaba no centro escolar, polo que consideran que o seu risco de contaxio é baixo.

Os outros catro casos, todos da área de Vigo, están relacionados cunha parella de 43 e 47 anos, residente en Moaña, que viaxara recentemente a Madrid, o fillo dela, de 15 anos, e outro familiar. Só o home permanece ingresado na UCI do Álvaro Cunqueiro por pneumonía. 







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE