Marcial Dorado sobre Feijóo :"Se dormes na miña casa, se a miña muller faiche o almorzo, eu considerábame amigo" (vídeo)

Alberto Nuñez Feijóo vai ter que capear cunha entrevista con Marcial Dourado en plena precampaña das eleccións galegas. O popular programa Salvados da Sexta acaba de anunciar unha entrevista co detido por narcotráfico.


|

Alberto Nuñez Feijóo vai ter que capear cunha entrevista con Marcial Dorado en plena precampaña das eleccións galegas. O popular programa Salvados da Sexta acaba de anunciar unha entrevista co detido por narcotráfico.


É a primeira vez que Dorado concede unha entrevista desde que en 2013 saltasen as famosas fotos con Alberto Nuñez Feijóo nun iate. 


Marcial Dourado no programa Salvados



Segundo o adianto publicado por Jordi Évole en Twitter, o condenado destaca que para el as fotos non son algo intranscendente, porque "odio as fotos" e "non teño fotos con ninguén", só coa súa familia.


Dorado incide na súa proximidade co mandatario ao argumentar que "eu non estaba ocultado co señor Feijóo, sabíao todo o mundo".


O presidente galego admitiu a súa amizade co delincuente cando era número 2 da Consellería de Sanidade; pero alegou que descoñecía a que se dedicaba Marcial, a pesar de que o seu nome saíra xa en numerosas publicacións relacionadas co narcotráfico e o contrabando, e que cortou toda relación en canto o soubo.


No vídeo, pódese ver a un Dorado molesto pola distancia que Feijóo marcou con el"Se dormes na miña casa, se a miña muller faiche o almorzo, eu considerábame amigo, ben, agora vese que é político", declarou.


SUPOSTAS PRESIÓNS PARA QUE FALASE CONTRA FEIJÓO

O cambadés tamén denuncia "visitas" a prisión de alguén que lle ofrece beneficios a cambio de facer declaracións que incriminen a Feijóo. Dorado alega que rexeitou eses ofrecementos porque quen ía a crer as declaracións dun narco.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE