Coren pide un millón de euros a un ecoloxista por "imputacións falsas" sobre a contaminación da Limia

|

Este luns empeza o proceso xudicial promovido por COREN contra o ecoloxista Manuel García. A maior empresa da provincia de Ourense pídelle ao activista do Movemento Ecoloxista da Limia danos e  prexuízos por un millón de euros, segundo informa outro grupo ambientalista, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).


Camion de Coren vertiendo estiercol na Limia

Camión de Coren na Limia, segundo unha foto remitida polo MEL


De acordo a esta versión, Coren alega que Fernández  ofendeu a honra da compañía ao vinculala con a contaminación da Limia  ante o crecemento da gandería intesiva. As declaracións foron realizadas no programa de TVE España Directo. García responsabilizou á empresa de "unha bomba tóxica" de "miles de toneladas" que a diario contamina o chan.


Manuel Garcia do MEL falando con Espello Pu00fablico

Manuel García do MEL falando en España Directo en un programa emitido en setembro de 2019


A SGNH ponse de lado do acusado, como tamén fixeron outros 48 grupos ecoloxistas. Os científicos aseguran que "a cabeceira do Limia absorve cada ano máis dun millón de toneladas de esterco, a miúdo moi mal xestionado, sen tratamento previo, amontoado ou aplicado en terreos xeados ou encharcados, ou verteduras en parcelas de sacrificio que levan anos contaminando as augas superficiais e subterráneas". 


O colectivo científico asegura que nos últimos 11 anos xa alertou en 35 ocasións á Xunta de que "a proliferación das granxas industriais na Limia estaba a impactar negativamente sobre a calidade e a cantidade de auga", chegandose a preguntar se "a auga potable está en risco de extinción na Limia?" . Os ambientalistas sinalan que nun pobo da chaira que no seu día ocupou a Lagoa de Antela os catro de cinco últimos anos a auga da traída presentaba niveis de nitratos que a converteron en non potable. 


Galiciapress solicitou o punto de vista de Coren sobre estas denuncias, sen recibir por agora resposta.


O impacto da gandería nesa comarca foi criticado en varias ocasións por eurodeputadas galegas, tanto a actual Ana Miranda (BNG), como a pasada Lida Senra (AGE en Europa).





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress