As persoas sospeitosas de coronavirus en Santiago dan negativo

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago descarta, de momento, contaxio polo COVID-19, o coronavirus.

|

Como adiantou Galiciapress, o Hospital Clínico de Santiago confirma que activou este mércores o protocolo de prevención e actuación ante a presenza de dous pacientes sospeitosos, que se estaban analizando por posible COVID-19. Ningún deu positivo.


UrxenciasCHUS


TODAS AS CONFIRMAN Os NEGATIVOS

Despois dunhas horas, fontes sanitarias confirmaron a Europa Press que os estudos realizados a nestes casos sospeitosos deron negativo e descartaron o contaxio.No mesmo sentido  pronunciáronse fontes sindicais consultadas e oficiais do CHUS consultadas por Galiciapress.


Sobre o que hai certa confusión é sobre o número de casos sopechosos hoxe no CHUS. As fontes sindicais falaron de catro. 


Dous deles, como indicou o SERGAS, foron enviados a casa rapidamente porque se sospeitaba que non tiñan o virus, como así se confirmou posteriormente. Outros dous, cuxa presenza denunciou publicamente a doutora de Urxencias Fátima Nercellas, permaneceron no Hospital, segundo a versión da galena e sindicalista, unha delas en xinecoloxía.


Nercellas insistiu ademais que había pacientes nos corredores de urxencias, algúns graves, facendo cola xusto diante do despacho onde estaban illados os casos sospeitosos de coronavirus.


OUTROS CASOS DESCARTADOS EN GALICIA

Distintos hospitais da Comunidade activaron estes días os seus protocolos ante casos sospeitosos, a maior parte relacionados con persoas que estiveran no norte de Italia. O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo descartaron que dúas persoas cuxos casos se estudaban como sospeitosos de coronavirus contraesen a infección.

Outros centros, como o Hospital Lucus Augusti (HULA) ou o Hospital de Ourense analizaron durante a xornada casos sospeitosos deste virus relacionados con persoas que estiveran en Italia. No último caso, xa foron descartados.

relacionada Coronavirus: dous pacientes sospeitosos en Vigo dan negativo nas análises
relacionada ​O ascenso de casos de coronavirus activa os protocolos de prevención en varias localidades

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE