Coronavirus: dous pacientes sospeitosos en Vigo dan negativo nas análises

Jesús Vázquez Almuíña chamou hoxe á calma ante os sucesivos casos de coronavirus noutras partes de España, que son nove xa en todo o Estado, ao confirmar Cataluña un segundo caso. O conselleiro de Sanidade destaca que os casos detectados en España  por agora son importados desde o norte de Italia. Ante isto, o conselleiro lembrou que se desaconsella viaxar alí.



|

A Xunta insiste en que o 061 é o teléfono de referencia en Galicia ante unha sospeita de caso de coronavirus


Jesús Vázquez Almuíña chamou hoxe á calma ante os sucesivos casos de coronavirus noutras partes de España, que son nove xa en todo o Estado, ao confirmar Cataluña un segundo caso. O conselleiro de Sanidade destaca que os casos detectados en España  por agora son importados desde o norte de Italia. Ante isto, o conselleiro lembrou que se desaconsella viaxar alí.


Hospitalalvarocunqueiro 4


O responsable de Sanidade destacou tamén que a gripe está a remitir, o que aliviaría unha eventual crise nos hospitais polo coronovirus. Almuíña destacou que os síntomas entre as dúas infeccións son moi similares.


Sobre os dous casos sospeitosos  no  Álvaro Cunqueiro de Vigo, acaba de confirmarse que as análises deron negativo. Son varios os pacientes que estiveron no norte de Italia qe ue, ao ter síntomas, achegáronse aos centros sanitarios, sen que haxa ningún positivo por agora en Galicia. 


En todo caso, Almuíña destaca que ve ao SERGAS, que xa está a aplicar os protocolos establecidos, preparadopara afrontar a situación. O mandatario insiste que o primeiro é chamar ao 061 ou ao 112 en caso de ter síntomas parecidos á gripe e viaxar a algunha das zonas de risco.


IMPACTO ECONÓMICO

As alarmas tamén saltaron no mundo económico galego. En primeiro lugar porque o virus xa está a ter un impacto importante no turismo, un dos motores económicos do país, sobre todo nas zonas costeiras. Ademais, o terceiro destino das exportacións galegas é, precisamente, Italia. 

relacionada ​O ascenso de casos de coronavirus activa os protocolos de prevención en varias localidades
relacionada ​O deporte mundial ten un ollo posto no coronavirus e outro en Tokio 2020
relacionada Coronavirus: os casos leves en España seguiranse en casa e agora faránselle probas a todos os enfermos de pneumonía

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE