Quitan o banco que o Concello de Noia puxo sobre un petróglifo

Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio acudiron este luns a Noia para supervisar a retirada dun banco que se instalou sobre un petróglifo sen catalogar e que foi descuberto hai uns días por un grupo de membros do colectivo A Rula durante unha prospección do lugar.

|

A Asociación A Rula, que denunciou o atentado contra o Patrimonio, alerta dos danos irreparables. O Concello di que non sabía que a creación prehistórica estaba alí.


Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio acudiron este luns a Noia para supervisar a retirada dun banco que se instalou sobre un petróglifo sen catalogar e que foi descuberto hai uns días por un grupo de membros do colectivo A Rula durante unha prospección do lugar.


O banco cravouse sobre unha pedra nun punto elevado do Monte San Lois tras unhas obras de humanización e limpeza realizadas na zona.


Retiran o banco do petriglifo do Monte San Lois, en Noia




Varios membros do colectivo A Rula achou nesta pedra uns gravados sen catalogar, moi erosionados pero visibles a plena luz do día, sobre os que o Concello de Noia instalara o mencionado banco.

O petróglifo atopábase, ademais, nunha zona de cautela do Castro do Monte San Lois, polo que a actuación municipal na zona debería contar con autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.

Tras denunciar o caso, e apenas uns días despois de darse a coñecer, técnicos de Patrimonio acudiron ao momento para proceder á retirada do banco, aínda que a pedra quedou visiblemente danada. O BNG de Noia denunciou en redes sociais os efectos deste "desastre", do que quedan "as pegadas dunha xestión sen previsión algunha".

O CONCELLO DEFÉNDESE
O Concello de Noia, pola súa banda, asegurou que a retirada se ha realizado "por decisión propia" do Goberno local e "baixo a supervisión dun arqueólogo" do departamento de Patrimonio, ademais de asegurar que permanecerá así ata que exista unha conclusión sobre o achado por parte da Xunta.




Petróglifo A Rula Noia Banco


Así mesmo, defendeu a súa actuación, posto que o petróglifo "non estaba inventariado nin catalogado" no momento de instalar o banco nin constaba no PXOM, ou no Plan Básico Autonómico.

A obra deuse a coñecer en marzo do ano pasado e a propia concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri Arufe, difundiu e promocionou as actuacións realizadas no seu día no punto a través das redes sociais.



Tras denunciar o caso, e apenas uns días despois de darse a coñecer, técnicos de Patrimonio acudiron ao momento para proceder á retirada do banco, aínda que a pedra quedou visiblemente danada. O BNG de Noia denunciou en redes sociais os efectos deste "desastre", do que quedan "as pegadas dunha xestión sen previsión algunha". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE