Un lugués logra 2.000 euros ao mes durante 10 anos grazas ao "Sueldazo" da ONCE
O Cupón Fin# de semana da ONCE deixou en Lugo un 'Sueldazo' de 2.000 euros ao mes durante 10 anos, no sorteo do pasado domingo, 23 de febreiro.
Unha vendedora puxo en circulación o cupón premiado durante o seu roteiro habitual na Mariña de Lugo
Un kiosko da ONCE
A vendedora da ONCE María Pérez Canoura foi quen vendeu o cupón agraciado co 'Sueldazo' de 2.000 euros ao mes durante 10 anos, "levando a ilusión da ONCE a Lugo, con este premio pertencente aos números adicionais, que vendeu no seu roteiro de venda en Xove e Burela", destacou a entidade nun comunicado.
PREMIOS EN FERROL
Ademais, en Ferrol, este sorteo repartiu 80.000 euros en catro cupóns premiados, de mans do vendedor da ONCE José Manuel Carro Sánchez, na súa área de venda no Barrio de Esteiro.O cupón do 23 de febreiro estivo dedicado ao Entroido de Vilanova i A Geltrú (Barcelona).
Escribe o teu comentario