Polémica por unha ambulancia que "tardou demasiado" e morreu un traballador do Porto Exterior

O 061 recibiu aviso ás 7,56 horas do xoves de que un traballador do porto exterior da Coruña atopábase inconsciente e mobilizouse unha ambulancia que chegou ao lugar ás 8,17 horas, 21 minutos despois. O home de 38 anos faleceu por un infarto.

|

A oposición denuncia que a ambulancia tardou media hora. UXT que "máis do debido" e que non estaba preparada para este caso. O SERGAS que só 21 minutos. O certo é que a un traballador sufriu un infarto e faleceu en Punta Langosteira (A Coruña). O BNG reclama que compareza o conselleiro no Parlamento. 


Punta Langosteira

Peirao de Langosteira


O 061 recibiu aviso ás 7,56 horas do xoves de que un traballador do porto exterior da Coruña atopábase inconsciente e mobilizouse unha ambulancia que chegou ao lugar ás 8,17 horas, 21 minutos despois. O home de 38 anos faleceu por un infarto.


VERSIÓN DO SERGAS

Diso informou a Europa Press o 061, que explica que se mobilizou ao equipo sanitario de Atención Primaria de Arteixo (A Coruña) e unha ambulancia --con base neste municipo-- de soporte vital básico, dotada de desfibrilador externo semiautomático.

Segundo explica, "o persoal no punto realizou manobras de soporte vital básico, que desde o primeiro momento estiveron guiadas polo persoal médico da Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061".


CHEGARON DÚAS AMBULANCIAS

Ademais, apunta que se mobilizou unha segunda ambulancia, neste caso de soporte vital avanzado, con base na Coruña, que chegou ao lugar ás 8,29 horas, "para continuar coas manobras de soporte vital avanzado".


DENUNCIA SINDICAL

En cambio, UXT denuncia que a primeira ambulancia "tardou máis do debido" e non estaba "preparada" para un caso como este, polo que "tivo que ir unha segunda ambulancia". Ademais, critica que non haxa ningún servizo sanitario nas instalacións de Langosteira.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE