O 061 nega recortes no persoal de ambulancias que denunciou o principal sindicato
Hoxe a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 , responsable do tranporte sanitario urxente, sae ao paso destas manifestacións.A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asegura que "todas as ambulancias pertencentes á Rede de transporte sanitario urxente do servizo público galego de emerxencias sanitarias, cumpren estritamente coa normativa vixente en canto á dotación do persoal e a formación necesaria".A Xunta insiste que as ambulancias cumpren tamén a nivel de equipamento, algo que tamén cuestionou a CIG. "Todas as ambulancias que prestan servizo para a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais das da Rede de transporte sanitario urxente están dotadas dun desfibrilador externo semiautomático e o seu persoal ten a formación e a titulación esixida no citado anexo", explican desde a Administración .
O responsable da Confederación Intersindical Galega (CIG), o sindicato máis numeroso no sector de ambulancias, Óscar Graña, denunciou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) "pretende" que as dotacións de ambulancias de emerxencia poidan actuar "unicamente co persoal condutor, sen ningún técnico". Hoxe a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 , responsable do tranporte sanitario urxente, sae ao paso destas manifestacións.
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asegura que "todas as ambulancias pertencentes á Rede de transporte sanitario urxente do servizo público galego de emerxencias sanitarias, cumpren estritamente coa normativa vixente en canto á dotación do persoal e a formación necesaria".
A Xunta insiste que as ambulancias cumpren tamén a nivel de equipamento, algo que tamén cuestionou a CIG. "Todas as ambulancias que prestan servizo para a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais das da Rede de transporte sanitario urxente están dotadas dun desfibrilador externo semiautomático e o seu persoal ten a formación e a titulación esixida no citado anexo", explican desde a Administración .
Escribe o teu comentario