​O árbitro perdoa a Stuani; Stuani non perdoa ao Dépor

Dous goles do charrúa no últimos quince minutos, que puido ser expulsado antes do 2-2 definitivo, evitaron o oitavo triunfo seguido dos galegos, que desperdiciaron unha vantaxe de dous goles. 


|

Dous goles do charrúa no últimos quince minutos, que puido ser expulsado antes do 2-2 definitivo, evitaron o oitavo triunfo seguido dos galegos, que desperdiciaron unha vantaxe de dous goles.


Xirona depor

Stuani amargou a noite ao Dépor | Foto: LaLiga


E, un mes e medio despois, o Deportivo da Coruña fincou o xeonllo. Os de Fernando Vázquez, que iniciaron unha remontada desde o fondo da táboa cun 2-1 ante o Tenerife no último partido de 2019 –aínda con Luís César no banco-, deixan o seu record en sete vitorias seguidas. O cadro coruñés non puido pasar do 2-2 ante o Xirona grazas, en parte, a un gran Stuani, que equilibrou a contenda con dous goles no último cuarto de hora. Mollejo e Bergantiños puxeran o 2-0 previamente.


O GUIÓN DE SEMPRE

O Dépor volveu facer o que mellor sabe facer desde o regreso do mestre de Castrofeito: deixarse dominar, ser sólido atrás e golpear nas poucas que dispoña. Froito desa efectividade nas áreas e dun chisco de sorte os herculinos abandonaron os postos de perigo e miran a zona tremida da clasificación. E iso que os locais martillearon pronto a meta catalá, co 1-0 ao cuarto de hora grazas a Mollejo, que cabeceou cruzado un centro desde a liña de fondo de Bóveda. Antes, nada máis soar o asubío inicial, Somma tivo que deixar o campo en padiola con claros signos de dor.


A vantaxe veu ben ao cadro galego, que se dedicou a esperar e a tentar saír á contra. O Xirona tentou sorprender a Giménez, un espectador máis no primeiro tempo porque ao equipo de Martí, que volvía a Riazor despois da decepción de Mallorca o curso pasado, faltoulle clarividencia nos metros finais.


Xa no segundo tempo, e con Stuani e Brandon acesos, Bergantiños fixo un dos goles da xornada á hora de xogo: o centrocampista controla co peito na frontal un despexe da zaga branquivermella e como queda botando empalma un zurdazo ao pau longo, imposible para Risco. Co 2-0, os branquiazuis dispuxeron dunha boa ocasión para matar o duelo, pero o meta vasco evitou a festa absoluta na Coruña.


STUANI CASTIGA Ao DÉPOR

Con quince minutos por xogarse, unha falta lateral a favor do Xirona provocou o primeiro tanto de Stuani, que aproveitouse da indecisión da defensa para despexar un balón que se paseou pola área ata que o uruguaio conectou unha bolea acrobática para mandar o balón para durmir á rede. Os xerundenses se espolearon polo gol, mentres que ao Dépor empezáronlle a fraquear as forzas e o medo impediulles dar un paso adiante. 


Diso aproveitáronse os visitantes, que por medio de un discutido penalti que reafirmou o VAR fixeron o 2-2, tamén obra de Stuani, que non cejó no seu empeño de remontar en toda a segunda parte, aínda que o colexiado perdooulle a segunda amarela xusto antes do 2-2.  


A pesar da decepción, os coruñeses seguen sumando e aínda non perderon no que vai de ano. Un empate que pon fin ao refacho triunfal pero non á ilusión, que segue intacta. Que o Dépor non deixe de mirar para arriba…pero que non aparte o ollo do retrovisor.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE