Galicia Baleira pídelle á Xunta bos servizos públicos para manter vivo o rural

José González destaca que o Goberno galego "aposta por un medio rural vivo e dinámico e con actividade económica"

|

Galicia Baleira é unha nova entidade que reúne por centos de asociacións de veciños de Lugo e Ourense. Hoxe expuxéronlle á Xunta as súas reivindicacións.


O presidente da plataforma Galicia Baleira, Jesús Vázquez, que agrupa máis de 400 asociacións de veciños das provincias de Lugo e Ourense, defendeu este venres ante o conselleiro de Medio Rural, José González, que para evitar "a sangría demográfica" hai que contar con "servizos de calidade" no rural.

O presidente da plataforma Galicia Baleira, Jesús Vázquez, co conselleiro de Medio Rural, José González, en Lugo.


Así o manifestou antes de manter este venres un encontro na Delegación da Xunta en Lugo, coa presenza tamén do delegado territorial, José Manuel Balseiro.

Vázquez destacou que "para asentarse no rural, para fixar poboación, para evitar a sangría demográfica hai que ter servizos públicos e servizos de calidade no rural".

Ademais, outra reivindicación pasa por contar "cunhas infraestruturas acordes para que a xente quede no rural". "E hai unha terceira pata que sería o emprego, porque no rural ten que haber emprego para que queden os mozos e formen alí a súa familia e aséntense alí, para que se poida vivir no rural e do rural", destacou.

A XUNTA TAMÉN ESTÁ PREOCUPADA, DI
Pola súa banda, o conselleiro de Medio Rural, José González, agradeceu a esta plataforma de Galicia Baleira "que haxa unha parte da sociedade civil galega que exprese unha preocupación clara" que "tamén", abundou, ten "o goberno da Xunta polo rural".

"Veño escoitar as súas propostas, que xa advirto que as lin e concordo en moitas delas. Paréceme que nós estamos aquí nesas propostas", afirmou.

ACTIVIDADE RENDIBLE
En canto "ao futuro", o conselleiro asegurou que o Goberno galego "aposta por un medio rural vivo e dinámico, e con actividade económica".

"Nós defendemos a necesidade dunha actividade agrícola, gandeira e forestal rendible, con prezos xustos e con prezos que se constrúan a partir dos custos de produción con marxes de beneficio e esa tamén é unha demanda que lle facemos ao goberno central", concluíu José González.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE