A sangría de empresas ausentes fai cambalear a Mobile World Congress, que valora suspenderse
Desde a organización do evento sopesan a posibilidade de suspender ou aprazar un dos acontecementos máis multitudinarios do ano en Barcelona. A suspensión traería consigo unhas perdas significativas para o sector servizos, que na cidade condal miran con receo toda a actualidade ao redor da celebración ou non do MWC.

GSMA, sociedade organizadora do Mobile, decidirá o venres nunha reunión a medida que debe tomar sobre se finalmente leva a cabo a cancelación do evento, que se celebrará a finais deste mes.
Xigantes tecnolóxicos como Amazon, LG, Sony ou Huawei xa anunciaron que causarán baixa na cita. Detrás de todo isto está o medo das empresas ao coronavirus, xa que Asia -e concretamente China, epicentro da pandemia- ten unha presenza moi importante no mercado da telefonía móbil e das novas tecnoloxías.
Con todo, as autoridades sanitarias tanto catalás como do Goberno de España insisten en mandar mensaxes de calma e asegurar que o protocolo de prevención xa está en marcha.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario