Entradas a 5 euros para reanimar ao Celta contra o Sevilla

A visita do cadro hispalense a Balaídos antóllase como unha final o domingo, despois de oito xornadas sen que os celestes celebren a vitoria.


|

A visita do cadro hispalense a Balaídos antóllase como unha final o domingo, despois de oito xornadas sen que os celestes celebren a vitoria.


Aficiu00f3n celta


Un novo tropezo e outra vez pola mínima. Ese é o resumo da fin de semana do Celta de Vigo, que acumula xa oito datas sen saborear os tres puntos. O cadro vigués, cun preocupante problema de fronte ao gol, vén dun frustrante mercado de xaneiro onde non se cumpriron as expectativas de técnico e afección, xa que no canto de Oriol Romeu ou Santos Borrei chegaron xogadores case descoñecidos como Bradaric ou Smolov. Isto supuxo unha nova decepción para a bancada, onde empeza xa o runrun que, no canto de ir para o banco, comeza a virarse cara ao palco.


Nun intento por acougar os ánimos, desde A Sede tomaron a determinación de poñer entradas a 5 euros para o transcendental duelo ante o Sevilla do próximo domingo ás 18:30 horas. A visita do equipo sevillista debe supoñer un punto de inflexión para un equipo alicaído que, aínda que deu pasos adiante no seu xogo, non viu plasmado ese progreso en resultados, mentres que rivais directos como Leganés ou Real Valladolid van sumando puntos e poñendo terra polo medio co cadro olívico, que ten a permanencia a un punto.



Para conseguir os tres puntos, o Celta confía en que os seus incondicionais abarroten Balaídos nunha nova tarde de fútbol que esperan sexa definitiva para que o equipo saque a cabeza do pozo. Os abonados poderán comprar ata catro entradas a cinco euros para a cita, que en Vigo xa anuncian como o inicio da remontada celeste, que deberá dar o do de peito ante a súa afección. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE