Os ríos Xallas, Umia e Verdugo poden desbordarse nas próximas horas
A subida dos caudais en ríos das concas de Galicia-Costa levou a activar este mércores o Plan Especial por Risco de Inundacións (Inungal) da Comunidade galega nunha xornada con aviso amarelo por precipitacións nas provincias da Coruña e Pontevedra.
O 112 Galicia recomenda non aparcar preto destes leitos debido ás choivas que manteñen en alerta amarela á Coruña e Pontevedra
A subida dos caudais en ríos das concas de Galicia-Costa levou a activar este mércores o Plan Especial por Risco de Inundacións (Inungal) da Comunidade galega nunha xornada con aviso amarelo por precipitacións nas provincias da Coruña e Pontevedra.
O Verdugo crecido ao seu paso por Pontecaldelas nunha imaxe de novembro do Facebook do alcalde Andrés Díaz
En concreto, fontes do 112 Galicia concretaron a Europa Press que é nas concas dos ríos Xallas, Umia e Verdugo "onde se poden superar os caudais", polo que se activou o Plan Inungal "en fase de alerta".
NON APARCAR PRETO DESTES RÍOS
Segundo avisou o 112 Galicia, poden producirse "inundacións eventuais e pequenos desbordamentos" nos seus contornos. Por iso, aconsella retirar vehículos das marxes dos ríos, evitar atravesar pontes e torrentes, ademais de abandonar as actividades en zonas fluviais.Este mércores hai aviso amarelo por precipitacións ata as 18,00 horas no suroeste e oeste da provincia da Coruña, así como no interior da de Pontevedra, por acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.
Escribe o teu comentario