El Corte Inglés di que non tomou ningunha decisión definitiva sobre posibles peches, como o de Marineda Coruña

|

El Corte Inglés ha saído ao paso das informacións reveladas hoxe sobre un plan para pechar ou reformar 25 centros en toda España. Un das tendas afectadas sería a de Marineda City na Coruña.


Fontes do grupo indicaron a Europapress que non hai ningunha decisión pechada. El Corte Inglés está inmerso en analizar as liñas de negocio e centros comerciais que poden mellorar os seus rendementos, aínda que non adoptou ningunha decisión sobre posibles peches dalgún deles, segundo informaron a Europa Press en fontes da compañía.



O Corte Ingls 1



"A día de hoxe todos os grandes centros comerciais da compañía teñen un resultado bruto de explotación (Ebitda) positivo, a pesar do cal se somete constantemente a análise o posible aumento da súa conta de explotación, vía transformacións da súa oferta comercial entre outras actuacións", sinalaron as mesmas fontes.


Así, o grupo presidido por Marta Álvarez insistiu en que analiza "constantemente" as lineas de negocio e centros comerciais que poden mellorar os seus rendementos.


Segundo publica este martes 'El Confidencial', citando documentos internos aos que tivo acceso, a cúpula do grupo de grandes almacéns puxo encima da mesa o maior plan de reestruturación da súa historia, que supoñerá a venda, o peche ou a transformación de ata 25 centros comerciais da súa rede de case un centenar.


Desde a compañía sinalaron que trátase dun documento "antigo" que "non ten valor algún nestes momentos" e que "non hai ningunha decisión definitiva tomada o respecto".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress