Luz verde de Esquerra ao pacto para investir a Pedro Sánchez
ERC non deu a sorpresa e, soportando a presión exercida por Torra e Puigdemont, facilitará a investidura da coalición de PSOE e Podemos. Iso si, no Consell Nacional dos nacionalistas cataláns non houbo unanimidade, só unha "ampla maioría". Séguese descoñecendo por agora a letra pequena do acordo alcanzado entre socialistas e republicanos.

O Consell Nacional de ERC validou este xoves o acordo que alcanzou co PSOE de establecer unha mesa de negociación entre gobernos para buscar unha solución ao conflito en Catalunya, polo que se absterá na investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno.
Así o anunciou a formación republicana nun comunicado tras a reunión do Consell Nacional, no que explicou que este órgano apoiou o acordo co PSOE "por unha ampla maioría".
Con esta decisión os republicanos modifican o 'non' inicial á investidura de Sánchez e absteranse, de maneira que o presidente socialista logrará os votos necesarios para ser investido e seguir na Moncloa.
Escribe o teu comentario