200 persoas maiores dependentes son atendidas a miúdo só por tres enfermeiras, denuncia a CIG

Traballadores de residencias de maiores da Xunta de Galicia denunciaron este xoves a "sobrecarga" de traballo na que desempeñan o seu labor e que, afirmaron, "roza a escravitude".

|

O grao de sobrecarga de traballo nas residencias de persoas dependentes é tal que o principal sindicato do sector fala de "exclavismo", o que acaba repercutindo no benestar dos maiores


A través dunha nota de prensa asinada pola representación sindical da CIG, os traballadores aseguran que "soportan quendas anuais a servizos mínimos durante case todo o ano", dada a "non cobertura do persoal mediante listaxes de substitucións temporais".



Dependencia maiores



"Non se respectan as cocientes", denuncian os traballadores, que cualifican os cadros de "insuficientes para a atención dos usuarios". "Nos centros da provincia da Coruña, pode quedar unha enfermeira e dous auxiliares de enfermería ao cargo de case 200 residentes con diversos graos de dependencia nunha quenda de tarde, de noite ou de fin de semana", aseguran, explicando que, nalgúns casos, ven obrigados a chamar ao 061 por urxencias dada a falta de persoal médico.



O ATRASO DA DEPENDENCIA

Así mesmo, o "atraso na valoración de dependentes" provoca que algúns dos usuarios "figuren como válidos ou con dependencias catalogadas de menor grao", cando son "grandes dependentes". Iso vai na liña de "aumento da carga de traballo" con "unhas cocientes de persoal anómalas ou nesgadas".

Os traballadores consideran que a "xestión de persoal" da consellería responsable, a de Política Social, é "deficiente" e "roza a escravitude", xa que os empregados "soportan unha importante sobrecarga de traballo" e "situacións de tensión laboral e psicosocial" que "derivan nun déficit de atención para os usuarios ou pacientes deses centros"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE