Chega aos kioskos Nós Diario o primeiro diario impreso en galego dirixido por unha muller
María Obelleiro na redacción de Sermos en cálea Hórreo de Santiago nunha foto de Irene Pin para Nos Diario e publicada por Berria A cabeceira está dirixida por unha muller, María Obelleiro, licenciada en xornalismo pola USC e ex-traballadora do defunto A Nosa Terra.
Nós Diario debuta hoxe nos kioskos. É o primeiro diario en papel en galego desde a desaparición de Galicia Hoxe, do grupo de El Correo Gallego ao comezo da crise do ladrillo.
María Obelleiro na redacción de Sermos na rúa Hórreo de Santiago nunha foto de Irene Pin para Nos Diario e publicada por Berria
A cabeceira está dirixida por unha muller, María Obelleiro, licenciada en xornalismo pola USC e ex-traballadora do defunto A Nosa Terra. O liderado feminino en prensa é algo inusual en Galicia, onde hai unhas dez cabeceiras diarias en papel e ata hoxe só había unha, La Opinión da Coruña, cunha muller á fronte, Carmen Merelas.
Nós Diario xorde do semanario nacionalista Sermos Galiza, tras un longo proxecto de lanzamento de máis de dous anos. Edítao a empresa homónima Sermos Galiza SA, dirixida polo presidente de a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Xoan Costa. En principio chegará aos kioskos cinco días á semana e actualizarase a diario na súa web.
Escribe o teu comentario