Un milleiro de persoas protestan nas Pontes contra o peche inmediato de Endesa

Un milleiro de veciños secundan a convocatoria do grupo de traballo e piden "unha transición xusta e non abrupta"

|

Queimar carmón mesturado con outros materiais permitiría aguantar á central, argumenta o líder do PSOE provincial. O pacto de Goberno de PSOE e Podemos comprométese co fin do carbón e, á vez, promete accións urxentes para compensar aos afectados.


Ao redor dun milleiro de persoas volveron a concentrarse desde as 20,30 horas deste luns na praza do Carmen das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) para demandar unha "transición xusta" e que non se execute un peche "abrupto" da central térmica que ten na localidade a compañía Endesa, cuxa dirección solicitou ao Goberno o cesamento da actividade.


Concentración nas Pontes para pedir a paralización do peche da central térmica de Endesa

Convocados polo grupo de traballo do que forman todos os grupos municipais con representación no Concello das Pontes, sindicatos, transportistas do carbón, comité de empresa de Endesa, empresarios e comerciantes; os veciños da localidade e comarca volveron ás rúas para mostrar o seu rexeitamento ao peche da planta.

Nesta concentración estivo presente o alcalde deste municipio, Valentín González Formoso (PSOE), que trasladou que as probas previstas neste complexo enerxético coa utilización de biocombustibles atrásanse " ata o mes de febreiro, para poder acometelas xa coa reforma realizada ao longo dos últimos anos"

A continuación, indicou que que Endesa "investiu 218 millóns de euros para poder cumprir a normativa europea" neste proceso, polo que considera que se trata de "un sinsentido máis".

"É VIABLE" MESTURANDO CARBÓN E OUTROS MATERIAIS
González Formoso estimou que a central térmica asentada na súa localidade "é viable" coa utilización da mestura de carbón e outros materiais, como biomasa e restos de lodos, polo que pediu "a colaboración de todo o mundo que ten que ver nun proxecto deste tipo".

"É necesario esixir e pelexar por urxencias que son inmediatas, como o compromiso de recolocación a aqueles que agora mesmo teñen máis dificultades, como son os camioneiros e os empregados das auxiliares"
, remarcou.

Tamén destacou a implicación que están a ter todas as administracións á hora de buscar unha solución, desde "o Concello, a Xunta e o propio Ministerio de Transición Ecolóxica".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE