O proceso de peche das Pontes durará ano e medio e Endesa promete traballo para as auxiliares
Endesa prevé que o proceso de peche definitivo da central térmica das Pontes (A Coruña) dure 18 meses, período no que se consumirán as 800.000 toneladas de carbón almacenado nas instalacións.
Así o trasladou o director xeneral de Endesa Noroeste, Miguel Temboury, a través dun comunicado remitido aos medios este luns no que a compañía se compromete a manter carga de traballo para as empresas auxiliares durante o proceso de desmantelamento da central.
Endesa asegura que estas empresas continuarán prestando os servizos de "operación e mantenimineto da instalación" e, ademais, empezarán a traballar "nos labores de predesmantelamiento" da central.
Neste sentido, avanzan a posta en marcha dun "programa especial de formación en desmantelamento e en tecnoloxías renovables do que se poden beneficiar os traballadores das empresas auxialiares"
Por último, a compañía tamén resalta que contará con "empresas locais" para levar a cabo os proxectos de renovables cos que pretende reconverter a planta térmica.
Escribe o teu comentario